Leonardo DiCaprio, no seu papel de Jack Dawson, foi o rei do mundo desde a proa do Titanic, pero por moito rei que fose, non tardou en morrer de hipotermia, logo de que ese mastodóntico transatlántico británico chocase contra un iceberg na noite do 14 de abril de 1912, máis en concreto, ás doce menos vinte. Hoxe cúmprense 113 anos dun dos desastres marítimos máis coñecidos da historia.
O Titanic, considerado insomerxible, levantou áncora de Southampton catro días antes

(o 10 de abril) con destino a Nova York. A bordo viaxaban máis de 2.200 persoas, entre as que estaban, por suposto, as máis ricas e famosas da época. A botadura dese enorme barco foi un auténtico acontecemento.
Deseñárano coa última tecnoloxía da época e contaba con características innovadoras, como compartimentos estancos que se pensaban capaces de manter o barco a flote en caso dunha emerxencia. Unha emerxencia que chegou xusto ós catro días e que demostrou que sempre hai algo que supera o que sempre pensamos que é imposible superar. O choque co iceberg foi tan brutal e tan devastador que causou danos irreparables no casco.
A medida que o Titanic se afundía, a situación volveuse caótica. Os botes salvavidas eran insuficientes e moitos deles non se puideron usar. A falta de preparación e a crenza de que o barco era insomerxible contribuíron á confusión. Ás 2:20 do 15 de abril, o Titanic afundiuse por completo, deixando nas augas xeadas máis de 1.500 vítimas.
O barco Carpathia chegou ó lugar da traxedia unha hora e media despois. Só 705 persoas lograron sobrevivir. A partir de aí aplicáronse, puxéronse en práctica novas normativas para mellorar a seguridade dos barcos, incluíndo a obriga de ter suficientes botes salvavidas para todos os pasaxeiros.
O legado do Titanic perdurou ó longo dos anos, inspirando libros, películas e documentais. A historia do barco e o seu tráxico destino segue fascinando e recordando a fraxilidade da vida e a importancia da seguridade no mar. O sitio do afundimento converteuse nun lugar de interese histórico, onde se realizan numerosas expedicións para explorar os restos do barco. A memoria do Titanic vive na conciencia colectiva, recordándonos que incluso os máis grandes poden caer. O Titanic era moi grande e afundíu hai hoxe 113 anos.