Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Somos unha peza clave

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 17 de abril de 2025
So foramos conscientes de que somos unha peza clave no lugar e no estado en que nos encontramos, seguramente seríamos máis coherentes coas nosas funcións.
No puzle da vida, cada persoa ten un lugar, un tempo e unha misión.
Non se nos pide permiso para vir a esta vida.
É un misterio: o milagre da vida.
Pero unha vez que chegamos, chegamos para algo importante.
Algo de suma importancia para nós e para os outros.
Non importa a idade, nin a situación económica, nin o nivel académico, nin a raza, nin a lingua, nin a relixión.
Todos somos unha peza clave no puzle da vida.
Para os crentes a nosa clave é amar como Deus nos ama.
O AMOR É UNHA CHAVE MESTRA PARA TODO
Unha chave que abre corazóns.
Unha chave que abre moitas portas na vida.
Gardamos moito amor nos nosos corazóns que, se non o usamos, caduca.
Se o usamos podemos considerarnos pedras vivas para construir un mundo mellor.
Se non o usamos, estamos contribuíndo consciente ou inconscientemente a que o mundo vaia peor.
TODOS QUEREMOS UN MUNDO MELLOR
¿Queremos que nolo constrúan os outros?
¿Temos algo que apotar?
Todos temos algo positivo para aportar:
- A nosa mirada para mirar con dozura.
- Os nosos oídos para escoitar a quen necesita comunicarse con nós.
- A nosa lingua para ter unha palabra amable, unha palabra de ánimo, unha palabra de paz, unha palabra de esperanza, unha palabra de consolo, unha palabra de amor.
- As nosas mans para traballar, para abrazar, para axudar, para acariciar, para socorrer, para ofrecer...
- Os nosos pés para ir con dilixencia alí onde nos necesiten.
- A nosa intelixencia para aprender nós mesmos e ensinar a quen precise a nosa axuda.
- As nosas facultades mentais para aprender, para aconsellar, para asesorar, para amar.
SOMOS UNHA PEZA CLAVE
- Unha peza clave na nosa vida persoal.
Se non somos bos con nós mesmos... ¿con quen seremos?
- Unha peza clave no seo da nosa familia porque conta con nós.
- Unha peza clave para as nosas amistades: necesítannos e necesitámolas
- Unha peza clave para o noso posto de traballo porque del depende o benestar persoal e social.
- Unha peza clave na vida social para formar comunidade.
- Unha peza clave no plan de Deus para os crentes, porque somos fillos de Deus.
CONTAN CON NÓS
- A familia conta con nós e por eso nos educa con todo o esmero que pode para que sexamos piares nos que poida apoiarse.
- O vecindario conta con nós, por eso é tan importante e satisfactorio saber que podemos axudarnos mutuamente.
- O noso país conta con nós como contribuíntes a tódolos niveis porque entre todos podemos conseguir grandes logros e ser un referente mundial.
- O mundo enteiro conta con nós porque somos pezas claves no puzle mundial.
¿QUE PASA CANDO PERDEMOS UNHA PEZA DO PUZLE?
A todos nos pasou algunha vez: encontrarnos facendo un puzle precioso, moi importante para nós e...
¡Encontrarnos que nos falta unha peza!
¡Qué mal nos senta!
Poñémonos a buscala e non descansamos ata encontrala e ver o puzle rematado: un goce para a vista e para o corazón.
¿NON SOMOS NÓS MÁIS IMPORTANTES QUE A PEZA DO PUZLE?
Claro que si.
Infinitamente máis importantes.
Daquela podemos comprender que, por pouco válidos que nos consideremos, sempre valemos moito.
- A infancia vale moito porque representa o futuro da humanidade.
- A xuventude vale moito porque promete prosperidade.
- Os adultos valen moito porque son o soporte das outras etapas da vida.
- A senectude vale moito porque deixa dado o mellor de sí e, se as facultades mentais llo permiten, segue asesorando con sabedoría e experiencia á xente nova.
TODOS VALEMOS MÁIS DO QUE PENSAMOS
Viñemos a este mundo para cumplir unha misión.
Non importa cal, tódalas misións teñen moita importancia.
Todos nos necesitamos mutuamente.
Todos aportamos a nosa pinga de auga ó océno da vida.
Se falta a nosa pinga, o océanos está incompleto.
"POR NÓS QUE NON QUEDE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES