Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Miña Manda para Isaac

Sampedro, Pilar - jueves, 17 de abril de 2025
A Miña Manda para Isaac Se tivera que escoller unha icona
lembraría a moeda de pago á xente da cultura
o agasallo de voda
o detalle para que te lembres do país
o azul cobalto
que tivemos en cada casa:
a vaixela na cociña, os xogos de café, a figura do estante, os santos da Alba de Gloria, as caretas para a xente do teatro, xerras coma cabezas, as xoias de Mimina, as figas contra o mal de ollo, animais de toda especie e condición, mulleres co mundo na cabeza...
Aí estaba a Historia de Galicia en imaxes.
Seoane, o artista que para ser grande... só tería que ter nacido noutro lugar.
Díaz Pardo, o que quixo facer arte útil e levalo a todos os fogares; a nosa Bauhaus.
Dous homes, un universo. Unha empresa cultural. A iniciativa para facer propio o país.

Derrubouse o monte
Caemos na lama
Esborrallouse o edificio
Sucumbimos á miseria
Desprendeuse o ceo
E ficamos sendo un pouco máis nada
Precipitáronse as estrelas
Desapareceu a dignidade
Coma fantasmas vagamos cos valores investidos nunha bolsa de mesquindade.
A desventura e o fracaso que el veu cando estudou a historia do Marqués de Sargadelos, creador da Real Fábrica,
un erudito ilustrado,
linchado, coa turba asaltando a saqueando o seu.
Aínda así
recuperou a fábrica de louza
en Sargadelos,
a da triste memoria.  
A Sibila falara 
el sabía do fracaso dende os sombríos días do 36
cando lle asasinaran a aquel que lle plantou a estrela na fronte
e el tivera que fuxir con dezaseis anos
para non seguir o mesmo destino
que... só se demorou
porque tería que ser traizoado,
estaba marcado polo sino.
Nós contigo, Isaac,
agarrándonos á derrota
porque tamén cremos na posibilidade de construír o futuro.
... agarrándonos á perda
porque tamén cremos na posibilidade de construír o futuro.

Nos teus cen anos de existencia, despois de escoitar á que fai profecías, atendendo as voces que demandan silenciosas".
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES