Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Señor, esta Semana Santa vou contigo, así sexa ao Monte Calvario! (15)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 02 de mayo de 2025
"Viñeron, logo, os soldados,
e rompéronlle-las pernas ao primeiro
e mais ao outro
que crucificaran con el.
Pero o chegaren onda
Xesús.
como o viron xa morto,
non lle romperon as pernas,
senón que un dos soldados
traspasoulle o costado
cunha lanza,
e no instante saíu sangue e auga".

Amais do senso natural de deitar sangue e auga, o evanxelista percibe un senso teolóxico:
a morte de Cristo, simbolizada no sangue, trae consigo a eficacia espiritual, representada pola auga,
que simboliza o don do Espírito Santo. Secundariamente pode ter un senso sacramental: moitos Santos
Padres viron na auga e no sangue a proclamación dos sacramentos do Bautismo e da Eucaristía.


¡Por se o outro fose pouco,
a lanzada...!
Señor,
alancéame a min
para que do meu corazón
broten,
manen,
renazan,
os zumes do meu bautismo,
e co bautismo
a túa, Sacrosanta, Eucaristía!

Corazón dolorosísimo de Xesús, que tanto sufriches por min, e queredes representar as túas
penas e dores na Cruz, coroa de espiñas e ferida da lanza, co que vos manifestastes, paciente
e amante ao mesmo tempo, dáme a graza de resarcir as inxurias e ingratitudes feitas contra
Vós, e maila gracia de amarvos no tempo e tamén na eternidade. Amén!

-.-
Señor, esta Semana Santa vou contigo, así sexa ao Monte Calvario! (15)
"Despois disto,
Xosé de Arimatea,
que era discípulo de Xesús,
-aínda que ás agachadas,
por medo aos xudeus-,
rogoulle a Pilatos
que lle deixase retira-lo corpo de Xesús.
Pilato accedeu.
Foi e retirou o corpo".

"Foi tamén Nicodemo
-aquel que primeiramente viñera
onda Xesús de noite-,
levando unha mestura
de mirra e áloe
de case cen libras".

Faltei eu,
Señor,
que aínda no estaba neste mundo;
Agora que nacín,
e pecador que son,
déixame acudir á Cruz,
para,
de xeonllos,
bendicirte;
para adorarte,
embalsamándote
coas miñas bágoas,
que che pido as consideres
mirra e áloe,
unción de arrepentido!
-.-


"Colleron o corpo de Xesús e,
segundo é costume sepultar entre os xudeus,
enfaixárono en panos,
con aromas.
no sitio onde crucificaron a Xesús
había un xardín,
e no xardín un sepulcro novo,
do que aínda non usara ninguén.
Puxeron alí a Xesús,
por mor da preparación dos Xudeus,
pois o sepulcro estaba cerca".

Tracto:

Absólve, Dómine,
ánimas ómium fidélium defunctórum
ab omni vínculo delictórum.
Et grátia tua illis succurrénte,
Mereántur evádere iudícium ultiónis.
Et lucis aetérnae beatitúdine pérfrui.

-.-
Señor, esta Semana Santa vou contigo, así sexa ao Monte Calvario! (15)
Primeiro ás mulleres.

¡Resucitou!

"O día primeiro da semana
María, a Magdalena,
foi ao sepulcro moi cedo,
cando aínda era escuro,
e viu que a pedra
do sepulcro
estaba quitada.
Botou a correr e, chegando onda Simón Pedro
e onda o outro discípulo
a quen amaba Xesús,
(Xoán),
díxolles:
Colleron do sepulcro ao Señor,
e non sabemos onde o puxeron".

¿Que onde o puxeron?
¡Non puideron con El,
que puido El con todos,
vivos e defuntos!

Aleluia, aleluia.

Scimus Christus
Surrexísse a mórtuis vere:
tu nobis, victor Rex,
miserére.
Amén.
Allelúia.
-.-

"Pedro e mailo outro discípulo
saíron correndo cara ao sepulcro.
Corrían os dous á par.
pero o outro discípulo
correu máis lixeiro que Pedro,
e chegou primeiro ao sepulcro.
Abaixándose,
viu que estaban os lenzos,
pero non entrou.
Entón chegou tamén Simón Pedro,
que o seguía,
e entrou no sepulcro.
Viu os lenzos pousados alí.
pero o sudario que envolvera a súa cabeza,
non estaba cos panos,
senón á parte,
enrolado noutro lugar.
Entón entrou tamén o outro discípulo,
que chegara primeiro,
ao sepulcro.
viu e creu,
pois aínda non entenderan que,
conforme á Escritura,
era preciso que resucitase de entre os mortos.
Entón os discípulos volveron para a casa".

¡Xa esqueceran,
ou non entenderan,
a Escritura!
¡Pásame a min,
que,
toda unha vida lendo a Biblia,
e sigo con vendas!

¡É ben certo
que non hai peor cego
que aquel que non quere ver!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES