Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Señor, esta Semana Santa vou contigo, así sexa ao Monte Calvario! (14)

Gómez Vilabella, Xosé M. - martes, 29 de abril de 2025
Señor, esta Semana Santa vou contigo, así sexa ao Monte Calvario! (14)

¡Pola miña parte non sei se maldicilos
ou doerme deles,
que ambas cousas merecen!
Xesús, agónico, perdooulles;
daquela,
eu...,
na lista dos penitentes!
-.-

"Pilato preguntoulles:
Pero ¿como vou crucifica-lo voso rei?
Os sumos sacerdotes insistiron:
Non temos máis rei có César.
Daquela entregóullelo
para que o crucificasen"

O paradigma é absoluto:

¿Eliminar ao propio Redentor?
Ten habido xuízos falsos
falsos acusadores,
pero o de Xesús é...,
inenarrable!

Señor,
nin case me atrevo a pedirche perdón
pois
nas que che fixeron tamén estaba eu
presente:
¡Eran os meus pecados en acción,
sentenciando ao propio
Redentor!
-.-

"Entón prenderon a Xesús.
Cargando el mesmo coa cruz,
saíu para o lugar chamado da Caveira,
que se di Gólgota en hebreo.
Alí crucificárono,
xunto con outros dous,
un a cada lado,
e
Xesús no medio".

Señor,
deses dous quero ser o bo ladrón,
o arrepentido;
roubéille-la fe a todos aqueles
aos que escandalicei con meus feitos
impíos,
mais agora, na miña cruz,
quero ir contigo,
ao teu Reino!
Non é cuestión de merecelo,
senón,
misericordia túa,
Señor,
Señor da clemencia infinita,
Señor do Perdón!
-.-

"Escribiu Pilato un título
e púxoo na cruz.
O escrito era:
Xesús de Nazaret,
o Rei dos Xudeus"
(Estaba en hebreo, latín e grego)

Pilato,
querendo xustificarse, quedouse curto.
¡Claro que era Rei,
pero
non só de xudeus,
senón do mundo enteiro!

Meu Señor, meu Deus,
Rei Universal, Perpetuo, Divino,
eu,
humilde vasallo,
eu, si,
ao pé da Cruz,
quero servir de letreiro,
outro:
¡Mataron ao Rei do Universo,
que deu a súa vida
para salvar a miña!
Agnus Dei
qui tollis peccata mundi.
Miserere nobis
-.-

Tamén nisto se cumpriu a Escritura:
"Repartiron entre eles a miña roupa
e sortearon a miña túnica"

Señor,
a túa roupa xa está repartida,
pero queda o manto
da Virxe María,
que por algo lle rezo,
ao deitarme,
cada día:

"Cúbreme co teu mando,
Virxe Sagrada María,
nesta cama e sempre,
que o conservas bendito
de abeira-lo teu Fillo!"
-.-

"Ao pé da cruz de Xesús
estaban súa nai,
María de Cleofás
e mais María a Magdalena.
Xesús, vendo a súa nai,
e onda ela
ao discípulo a quen amaba,
díxolle á nai:
-Muller, velaí o teu fillo.
Despois díxolle ao discípulo;
Velaí a túa nai.

A escena da cruz representa o cume da obra de Cristo, cun marcado senso eclesiolóxico.
Xesús chámalle muller á súa nai, por relacionala con Eva, nomeada no Xénese como "a muller" e "a
nai dos que viven". A María venlle encomendada unha misión que pertence á obra mesiánica de Xesús.
Por iso, a misión de María ten un senso eclesiolóxico: en María témo-lo prototipo da Igrexa.
Xoán acolle a María na súa misión, e así nace a nova comunidade mesiánica.


No Calvario,
Xesús,
Notario Maior do Reino,
do Reino de Deus,
cambioume a filiación:
¡Xa non son fillo de Eva,
da Eva pecadora,
senón de María,
da propia María,
da propia Nai do propio Redentor,
que así o fixo constar
naquela Acta da súa Cruz!
-.-

"Despois disto,
Xesús,
sabendo que xa todo estaba acabado,
para que se cumprise plenamente
a Escritura,
dixo:
Teño sede.

Había alí un xerro cheo de vinagre.
Entón,
atando unha esponxa empapada de vinagre
a unha cana de hisopo,
achegáronlla á boca.
Cando probou Xesús o vinagre
dixo:
Está cumprido.
E inclinando a cabeza
entregou o espírito.

¡Entregouno á Igrexa!

Señor,
estou tremendo,
pero máis aínda o tería que estar
para,
coas miñas dores,
atrición e contrición,
non atreverme, de novo, a pecar!
-.-

Tiñas sede,
Señor,
sede de Salvación,
e nós,
¿que che demos para beber?
¡O propio en nós:
Vinagre, viño agre!
¡Estaba escrito que así tiña que ser,
para máis padecer!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES