Opinión en Galicia
Señor, esta Semana Santa vou contigo, así sexa ao Monte Calvario! (13)
Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 25 de abril de 2025
"Xesús contestoulle:
(A Pilatos)
O meu reino non é deste mundo;
se deste mundo fose,
os meus oficiais loitarían
para que ninguén me entregase aos xudeus;
pero o meu reino non é de aquí"
Xesús afirma a súa realeza, pero unha realeza distinta da humana:
ten como finalidade o dar testemuño da verdade, revelar a Deus na súa persoa.
Tampouco nós somos deste mundo,
aínda que por tales nos teñamos.
Estamos neste mundo
a título escolar,
preparándonos para a Revalida
Celestial!
-.-
"Eu non atopo nel culpa ningunha.
Hai entre vós o costume
de que vos solte algún pola Pascua.
¿Queredes, logo, que vos solte
ao Rei dos Xudeus?
Pero berraron outra vez,
dicindo:
Non. A ese non; a Barrabás!
Xoán fainos ver como se deixan libres os que tiñan que ser condenados,
e se condena aos que traballan pola verdade.
Alí estaba eu;
eu mesmo,
que tantas veces levo preferido
a Barrabás.
Señor,
ábreme os ollos
para que dunha vez por todas
distinga a verdade,
e defenda aos verdadeiros,
e deixe de traizoar a Deus,
ao propio Deus,
pois isto si que é blasfemar;
isto é,
pecado mortal!
-.-

¿Emperador?
¡Si, eu;
emperador de min mesmo,
e por tanto,
egoísta e altivo,
aínda que baixo
de estatura moral:
un falsario!
Por iso me coroo de loureiros,
a miúdo,
na intimidade.
¡Si, eu, a min mesmo!
Pero esta semana,
xa que é Santa,
apéome do cabalo
imperial,
para coroarme coa cruz,
Señor,
coa túa, coa de espiñas,
con esa que che puxeron,
erroneamente,
na túa Santa Faz!
¡Non hai dereito
para que a leves por min,
tan miña que é,
esa!
A confusión estivo
en que Barrabás son eu;
os pecados son meus,
e túas as virtudes!
¡Pilato, que te estás equivocando:
dálle a cada un
a súa,
pois o rei falso
son eu!
E se ti non o fas,
xa o farán as andoriñas,
as miñas!
-.-

Maldita / bendita sentenza
¿Non habería outra forma de redimirnos?
¡Iso só Deus o sabe!
"Os xudeus replicaron:
-Nós temos unha lei,
e conforme a esa lei debe morrer,
por facerse fillo de Deus!"
¡Si, si, si;
mil veces si,
Fillo de Deus,
que ben o levaba demostrado,
con palabras que se correspondían cos feitos,
con milagres,
e incluso con resucitados,
pero vosoutros,
meus irmáns no pecado,
cegos coma as toupas,
ou máis!
"Cando Pilatos oíu estas palabras,
colleu medo,
entrou outra vez no Pretorio
e preguntoulle a Xesús:
-¿De onde es ti?
Pero Xesús non lle deu unha fala.
Entón Pilato insistiu:
¿Comigo non falas?
¿Non sabes que teño poder para soltarte
e poder para crucificarte?
Xesús respondeulle:
-Non terías ningún poder sobre min
se non cho desen de riba.
Por iso,
o que me entregou a ti
ten maior pecado.
Despois disto Pilato procuraba liberalo
pero os xudeus
(¡Cabróns, fillos da cabra,
os de daquela,
pois os de hoxe pagan por herdanza!)
berraban:
-Se soltas a ese non es amigo do César:
Todo o que se fai rei, oponse ao César".
Xesús non lle está pedindo a Pilato a súa liberdade, senón que conserva toda a súa serenidade.
Máis aínda, Xesús ve aí a man do Pai que goberna a historia.
(¡Cabróns, falsos, traidores,
que non teño epítetos axeitados,
do voso nivel,
propios para desalmados!)
Pero,
que estou dicindo,
se tamén participei cos meus,
cos meus pecados,
alí presentes!
¿Arrepentíronse os xudeus?
¡Señor, pídocho por min,
pero tamén por eles!
-.-
"Pilato, oídas estas palabras,
levou para fóra a Xesús e sentouno no tribunal,
no sitio nomeado
"O enlousado",
en hebreo "Gábaza".
(Era o día da preparación da Pascua,
alá sobre as doce do día)
Díxolles aos xudeus:
Velaquí o voso rei.
Pero eles berraban:
¡Fóra, fóra! ¡Crucifícao!"
¿Eles berraban?
¡Era Satanás, que o facía pola súa boca,
e eles sen decatarse
do seu deicidio
salvaxe!
-.-

Gómez Vilabella, Xosé M.
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora