Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Señor, esta Semana Santa vou contigo, así sexa ao Monte Calvario! (12)

Gómez Vilabella, Xosé M. - martes, 22 de abril de 2025
¡Meu Deus,
agora quero buscarte doutro xeito:
para, de xeonllos, ofrecéndoche os meus padecementos,
pedirche perdón!
As miñas traizóns son terribles,
seino,
pero tamén creo na túa bondade,
que é infinita,
e non só para min!

Xudas, ¿verdade que che perdoou o Fillo de Deus?
¡Se te arrepentiches, seguro que si!
-.-

"Entón Simón Pedro,
que tiña unha espada,
desenvaiñouna
e feriu ao garda do Sumo Sacerdote,
rabenándolle a orella dereita.
O nome do garda era Malco.
Pero Xesús díxolle a Pedro:
Mete a espada na vaíña;
¿ou acaso non hei bebe-lo cáliz
que me deu o Pai?
Entón a patrulla, o tribuno e mailos gardas
dos xudeus,
agarraron a Xesús e prendérono".

Bebe-lo cáliz significa aquí apandar co sufrimento, asumi-la acción dolorosa, rexeitable
desde o punto de vista humano.


¡Ai, Deus, eu,
merecendo tantos castigos por desoír os teus mandatos,
os teus Mandamentos,
e pouco me falta para blasfemar
cando me toca a mala sorte
dos padecementos!
Acéptamos, Señor,
como remisión, como penitencia,
tan pequeniños que son
os meus sufrimentos,
cos teus comparados.
Os meus son de penitencia,
mínima penitencia,
mentres que os teus foron
de
Salvación eterna!
-.-

"A porteira preguntoulle a Pedro:
¿Non es tamén ti
dos discípulos dese home?
El contestou:
-Non son.
E así tres veces".

¿Soamente tres?
Señor,
cantas te levarei negado;
e con iso e con todo,
de arrepentido,
seguro que chorei menos
que Pedro!
¡Dáme bágoas,
Señor,
para cumprir
coa penitencia merecida!
-.-

"Xesús respondeulle
(ao Sumo Sacerdote):
-Eu falei á vista do mundo, publicamente;
sempre ensinei na sinagoga e no templo,
onde se xuntan tódolos xudeus,
e non falei nada ás agachadas.
¿Por que me preguntas a min?
Pregúntalles aos que me oíron
de que lles falei,
que eles saben ben o que dixen".

¡Sabíano todos,
pero a todos estorbaba,
cada un segundo as súas circunstancias,
os seus egoísmos, as súas soberbias;
en xeral,
as súas malicias, que eran,
coma as miñas,
infinitas,
imperdoables!
Isto de que nos estorbe Deus
é para tolear;
ou,
por mellor dicir,
cousa de tolos:
¡de tolos malvados!
-.-

"Ao dicir isto,
un dos gardas alí presentes,
deulle unha labazada a Xesús,
dicindo:
¿Así lle respondes ao Sumo Sacerdote?
Xesús replicoulle:
Se falei mal, demóstrame en que;
e se falei ben,
¿por que me pegas?"

Aquilo foi unha bacanal de tódolos diabros,
todos xuntos e todos en acción;
reunidos,
dispostos a acabar con Deus,
con propio Fillo de Deus,
pero os moi soberbios,
cegados pola súa maldade,
non se decataban de que
estaban elaborando a propia derrota,
a derrota do mal!
-.-

"Levaron entón a Xesús
de onda Caifás ao Pretorio.
Era a amañecida"

A constatación de que era entón "a amañecida" ten neste Evanxeo un senso teolóxico,
dirixido a facer ver que comezaba a vitoria de Xesús para a salvación dos homes.


Ti, Señor, a padecer,
e eu, a liberarme,
pagando por min o propio Xesús!
A redención dos escravos tamén se facía
pagando por eles,
mais,
neste caso,
eu,
escravo do pecado,
fun liberado
polo Calvario dun Home Santo,
Deus e Home,
á vez!

¡Bendito milagre;
bendito, impagable,
este da nosa Salvación,
gratuíta;
gratuíta para nós,
pois por nós pagou Xesús!
Grazas, Señor;
un millón!
-.-

De feito,
a miña Salvación depende da miña relación con Deus.
¡Así de rotundo!
A Salvación non é un asunto familiar,
nin colectivo.
A Salvación compártese pero non se transfire.
A Salvación non se herda;
o feito de que meus pais sexan, estean, salvos,
non significa automaticamente que eu vaia salvarme.
Aínda que toda a familia sexa salva,
eu non o serei a menos que acepte a
Xesucristo
como Señor e Salvador,
e teña unha Relación Íntima, Real e Verdadeira
con Deus.
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES