Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

María das Dores Arribe Dopico: escritora de libros de texto

Rivero, Manuel - lunes, 14 de abril de 2025
A experiencia de Lola, como autora de libros de texto do ciclo infantil, foi breve, intensa e gratificante, mágoa que non puidera continuar con esa labor creativa e innovadora, por culpa da modificación das normas ortográficas. As novas regras, produciron un gran dano a nosa lingua, que tanto a empobreceu e desviou do camiño que estaba chamada a seguir.

O talento de Lola, fluía a través dos seus libros. De forma sutil ía tecendo un tapiz multicolor cos fíos da ciencia e da arte, da sensibilidade o coñecemento e a sabedoría, fortalecidos co amor a terra, a fala, a nosa xente e ás raíces da nosa lingua. Textos pensados, contados e medidos, que ían marcando o itinerario da aprendizaxe de forma gradual, amena e segura. A caligrafía, equilibrada, suave e harmoniosa, incrementaba a súa nobreza e invitaba a collelos, acaricialos e lelos.

Na primeira e a segunda edición da Lingua Galega. E.X.B. Ciclo inicial, figuran como autoras María do Sol Veiga Aneiros e María Dores Arribe Dopico. Foron publicados pola editorial Everest nos anos 1981 e 1983.
As ilustracións son de María do Sol Veiga Aneiros.
Levabann o seguinte texto de agradecemento:
"O noso agradecemento aos Profesores Barros Díaz, Enríquez Salido e Montero Santalha pola sua generosa colaborazón.
As autoras".

Lois Barros Díaz, prologaría as dúas edicións de Lingua Galega. E.X.B. Ciclo Inicial e a edición de Lingua Galega, 3º E.X.B. Ciclo Medio.

Non prologou o terceiro texto de Lingua Galega, 4º E.X.B, Ciclo Medio, polos motivos, que o profesor Barros, lle explicou a Loreto de Castro, na entrevista do PGL o día 1 de março do ano 2021:
"Dores Arribe e eu tivemos umha perfeita compenetraçom desde o princípio. (...) Por outra parte, tivem a honra de prologar dois dos seus livros para o ensino primário, enquanto que o terceiro nom o prologuei por indicaçom dela, já que estavam próximas as oposiçons a professor numerário e considerou que me poderia resultar prejudicial".

O segundo libro: LINGUA GALEGA. 3º E.X.B. Ciclo Medio, a súa única autora é María Dores Arribe Dopico, con ilustracións de Catarina Lanza López, publicado pola Editorial Everest (01/10/1982).

Auténtica obra de arte, que continuaría perfeccionándose co de Lingua Galega. 4º E.X.B, Ciclo Medio, do ano 1983.

Texto de agradecemento:
"GRAZAS
Este livro non existiría sen a colaborazón de alguns galegos "bons e generosos" que fixeron posivel a sua aparizón.
O meu agradecemento máis sincero para os profesores Barros Díaz, Enriquez Salido e Martinho Montero Santalha.
E tamén para dona María Luisa Bustabad, dona María Dores Fontenla e dona Nanda Rodríguez, mestras de E.G.B. que revisaron os contidos das "unidades".
Ilustracións: Catarina Lanza López

O terceiro libro:
LINGUA GALEGA. 4º E.X.B, CICLO MEDIO
Autora: Arribe Dopico, María Dores
Ilustracións: Rosa María Galdo Aguirre
Editorial Everest (01-08-1983).
Seguiu incrementado o valor aportado polos textos anteriores.
É de admirar como medraba o talento en todo aquilo que Lola era protagonista.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES