Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: Niñatos e niñatos...

jueves, 23 de julio de 2009
 beira do Camio: Niatos e niatos... Deste xeito comeza un duro pero certeiro artigo o noso paisano e amigo franciscano Santiago Agrelo, arcebispo de Tanger. Foi publicado na sua web e en Religion Digital. Non creo lle pareza mal que o deamos a coñecer aos seus paisanos e mesmo na nosa lingua, a que el endexamais renunciou mentres estivo na Terra. Velai o texto que non ten desperdicio. Di asi: “Supoño que moita xente se sentiría máis a gusto se dos agresores de Baena e da Isla Cristina –trece violadores para duas nenas- se pudese dicir que son ‘rumanos’, ‘xitanos’, ‘negros’, ‘fillos de familias desestruturadas’, ‘xoves procedentes de ambentes marxinais’, ‘drogaditos’, ‘sudakas’, ‘mouros’ ou ‘curas’. Dado que eses non estaban allí para cargar co escarnio, había que señalar outra categoría do perfil despreciable, e pareceunos apropiada a de “niñatos”, neoloxismo que parece definir nenos viciados, depravados, perdidos, practicantes precoces da “violencia de xénero”. Ao chamarlles «niñatos», definimos un pouco a imaxe duns rapaces que nada teñen que ver conosco, e que, sendo o que son, non parece tan inexplicable que puderan facer o que fixeron. Inventamos palabras para alonxarnos do que non nos gusta e negar o que nos supera, pero a realidade e que estamos falando de adolescentes aos que, entre todos, fixemos a nosa imaxe e semellanza. Esixiremos pero non deixaremos de ser a arbore na que maduraron estes froitos acedos. Por moito que o intentemos, non podemos olvidar que eses trece rapaces aprenderon de nosoutros a xogar co sexo, a despreciar a tenrura, a ignorar a compaixon, a emporcar a dignidade do outro, a profanar as suas bagoas, a idolatrar o poder, a humillar aos indefensos. Na hora das promesas engañosas, prometemos para todos unha liberdade sen fronteiras: “Deixa de preocuparte. Disfruta da vida”. Agora, na hora da verdade, só lles ofrecemos o cárcere, a cadea.

Hai niñatos e niñatos. No diccionario ven a ser un “xato que se atopa no bandullo dunha vaca morta”. Moito me temo que para iste, a nosa sociedade reclamaría atención e cuidados máis cordos dos que parece disposta a eisixir aos seus propios fillos. + Fr. Santiago Agrelo, Arzobispo de Tánger”.

Duras, pero necesarias verbas neste intre da nosa historia. Entendese ben todo o que acaba de dicirnos. Coido que valeu a pena dalo a coñecer en Galiza. Nas visperas da festa do noso patron Santiago. Grazas, benquerido amigo, sinxelo discipulo de San Francisco e... moitas felicidades na tua Onomastica.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES