Lavandeiras en Torrejón
Santalla, Iago - miércoles, 16 de abril de 2025
Xa hai ben anos impresionoume saber a verdadeira historia do "Romance da lavandeira", aquela preciosidade que empezaba nunha noite de lúa e remataba nunha traxedia eternamente repetida. No disco de Fuxan os ventos "Quen a soubera cantar" explícasenos que un dos peores crimes na mitoloxía galaico portuguesa era atentar contra a vida da infancia; a persoa que isto facía (muller ou home) era convertida en lavandeira e condenada a lavar cueiros eternamente na beira dun río. Se ousaba pedir axuda inmediatamente desaparecía antes de recibila deixando unha poza de sangue. Posteriormente reaparecía nunha parte do río onde ninguén puidera axudarlle e seguía lavando cueiros.
A semana pasada saíu un vídeo moi violento nunha gardería de Torrejón de Ardoz onde unha coidadora maltrataba vilmente a unha nena indefensa cando lle daba de comer. Nas imaxes (durísimas) vemos como recosta á criatura e lle mete a culler á forza cun perigo evidente de asfixia. Por riba deféndese da evidencia recorrendo á necesidade de educar.
Non, non vou pedir o castigo mitolóxico pero si que esta persoa e as traballadoras presentes neste feito violento (ao que asisten con pasividade) se reciclen: está claro, dada a evidencia das imaxes, que coidar persoas non é o seu.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora