Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

UCIN defende ao sector productivo frente aos arenceis de EEUU e pide a Europa medidas contundentes

Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) - jueves, 10 de abril de 2025
Unión de Cidadáns Independentes (UCIN) mostra o seu firme apoio ao sector produtivo español ante a ameaza que supoñen os aranceis impostos por Estados Unidos a diversos produtos europeos, que afectan de maneira directa ás nosas exportacións e ao tecido económico nacional. Dende UCIN consideramos inaceptable que os nosos produtores, agricultores, gandeiros, cooperativas e pequenas e medianas empresas sufran as consecuencias de decisións que escapan ao seu control. Estes aranceis penalizan a competitividade dos nosos produtos no mercado internacional e poñen en risco miles de postos de traballo, especialmente en zonas rurais e sectores estratéxicos. Por iso, instamos á Unión Europea a actuar con urxencia e firmeza para protexer os intereses dos seus cidadáns. Non podemos permitir que se impoñan sancións unilaterais sen unha resposta proporcional que defenda o principio de reciprocidade e o respecto ás normas do comercio internacional.

Dende UCIN reclamamos:
- Medidas compensatorias inmediatas para os sectores máis afectados.

- Un plan de apoio específico para exportadores e produtores prexudicados.

- A apertura urxente de negociacións con EE.UU. que restablezan o equilibrio comercial.

- E, sobre todo, unha política comercial europea que priorice a defensa dos nosos intereses fronte a prácticas inxustas.

En UCIN seguiremos á beira de quen cada día sosteñen a economía real do noso país:
os nosos produtores, as nosas empresas e os nosos traballadores.
Unión de Cidadáns Independentes (UCIN)
Unión de Cidadáns Independentes (UCIN)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES