Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mulleres traballadoras

jueves, 23 de julio de 2009
A incorporación da muller ó mundo do traballo revolucionou a nosa sociedade. Por unha parte, porque daba ás mulleres unha liberdade inaudita independizándoas en parte alomenos do traballo da casa. Pero especialmente porque así se iniciaba o camiño da igualdade social entre homes e mulleres.

As mulleres accederon ó mundo laboral nas máis diversas ocupacións, chegando a ser maioritarias no mundo do ensino, da administración ou do comercio. Pero sufriron tamén, especialmente nos últimos tempos, as recesións que a crise marca, directa ou indirectamente.

Así, e mentras que en xuño en Galicia o paro se reduciu en algo máis de sete mil persoas, subiu no colectivo sen emprego anterior especialmente entre os maiores de 44 anos, a maioría mulleres.

O problema céntrase en mulleres que nunca traballaron ou que o deixaron hai anos, e que agora volven -sen experiencia laboral- ó mercado laboral, calculándose en perto de sete mil as que están a buscar nestes momentos o seu primeiro emprego.

Galicia é a segunda comunidade onde máis destaca este fenómeno despois de Andalucía, no que amas de casa con baixo nivel de estudos, necesitadas de traballo urxente moitas veces porque outros membros da unidade familiar quedaron en paro, procuran ingresos en momentos difíciles.

Non é o mellor síntoma de boa situación económica, pero si de igualdade conseguida entre o home e a muller no mundo do traballo: cando o home queda no paro, a muller tenta tomar o relevo para conseguir manter en pé a economía familiar. Merecen conseguilo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES