Vas a ser burro de noria
Santalla, Iago - miércoles, 23 de abril de 2025
Vendo a serie documental "El minuto heroico: yo también dejé el Opus Dei", un faise moitas preguntas e, entre elas, están os límites do respecto á diversidade relixiosa. Se cando falamos de diversidade situamos aos dereitos humanos como marco de relación entre diversidades, non podemos aceptar nada fora dos dereitos humanos. Facelo sería caer nun relativismo moral que eliminaría toda posibilidade de relación entre culturas, relixións e, por suposto, persoas.
Partindo do dito, nace unha obriga moral (quizais de carácter persoal) que é fuxir de todo aquilo que ataque ao plenamente humano. Neste sentido, todo o que esixa un sacrificio superior aos límites corporais e psicolóxicos, tería que ser rexeitable. É aquí onde a diversidade relixiosa pode empezar a patinar. O documental citado transmite unha canción que podemos atopar na rede fondeando no tema. É a seguinte:
"No se va de mi memoria,
Lo que me han dicho al llegar.
Vas a ser burro de noria.
Borrico siempre serás.
Y desde entonces yo canto
Alegre es mi caminar
Soy un borrico de noria
Y mi gozo es trabajar.
Y ole la carga que llevo y ole mi claro sincero.
Siempre viejo y siempre nuevo.
Y al prendarme de un anillo
Se hizo eterno el caminillo".
Aquí empeza una infravaloración que nunca afecta á cúpula senón que é un mecanismo de sometemento para as que están destinadas a servir a esa cúpula. É moi fácil captar a nenas ás que a vida ensinou a súa peor cara e é moi fácil, tamén, debuxar un verxel para logo amurallalo de regras inhumanas que nin o creador do Opus é capaz de seguir.
Recomendo ver a serie e quitar conclusións pero tamén recomendo non renunciar a nosa humanidade e desfrutar a vida tal e como ven sen someternos a sacrificios absurdos que o único que conseguen é arruinarnos moral e economicamente ao tempo que manteñen apartamentos de luxo e contas correntes de guías espirituais sen valores nin escrúpulos.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora