Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os negocios da TV

miércoles, 22 de julio de 2009
Non debe sorprendernos demasiado que o novo negocio das televisións, de case todas, sexa na actualidade o das mensaxes de Sms con ingresos multimillonarios, dos que a metade van para as operadoras de telefonía, repartíndose a outra metade entre as estacións emisoras e as empresas proveedoras.

Falamos de mensaxes que non costan máis dun euro, pero dos que se enviaron nun ano, entre outubro de 2007 e setembro de 2008, máis de cinco mil millóns.

O negocio das televisoras foi de sempre a publicidade, os patrocinios, as subvencións e, no caso das televisións públicas, o presuposto estatal, autonómico ou local. Pero todo vai diversificándose, e esta nova fonte de ingresos é moi importante nas economías dos medios audiovisuais, especialmente no caso de que as televisións oficiais –alomenos a primeira cadea- deixen de emitir publicidade.

O que ocorre coas novas fontes de financiación, en concreto a das chamadas telefónicas recargadas e esta dos Sms, que provocan consumo e gasto non previsto nin desexado polo público, frente ó que os consumidores están desarmados e os gobernantes non parecen ter o menor interese en cortar ou alomenos informar sobre el.

Que as estacións emisoras de televisión utilicen todos os medios posibles para a súa financiación ou rendibilidade parece lóxico, e para eso está o libre mercado no que con arreglo ás normativas vixentes pode moverse en liberdade calquera empresa. Dentro das normativas vixentes. E se non existen normativas, as administracións teñen a obriga de crear lexislación que protexa ós cidadáns das accións que poidan afectar á súa economía e á súa vida.

Do mesmo xeito que a publicidade subliminal non pode empregarse polo inerme que o cidadán está diante dela, a provocación que os medios audiovisuais fan para a utilización das chamadas telefónicas e das mensaxes é abusiva e a Administración ten o deber de evitar que siga proliferando.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania