Dereitos e deberes
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 10 de abril de 2025
Todos temos deberes e dereitos.
Os deberes van avanzando progresivamente según imos adquirindo a madurez suficiente para responsabilizármonos do que temos que facer nas diferenes etapas e estados da vida.
Os dereitos empezan no momento que recibimos o primeiro soplo de vida e a partir de aí, todos sabemos pedir e, incluso, esixir.
Tampoco fai falta cultivalos moito, porque de dereitos, uns máis e otros menos; pero todos entendemos.
A veces ata nos parece que temos poucos e sempre pedimos máis.
OS DEBERES HAI QUE CULTIVALOS.
Ninguén nace aprendido.
Todos imos aprendendo según o que nos ensinan.
Os nosos primeiros mestres son os proxenitores ou, no seu defecto, as persoas que se encargan da nosa crianza.
Son esas persoas as que nos van inculcando día a día o programa de vida según imos medrando.
Desde que nacemos imos aprendendo na medida que se desenrola o noso cerebro.
Por ignorancia ou descoñecemento, moitas persoas deixan A EDUCACIÓN DOS DEBERES para máis adiante, porque pensan que as criaturas non se enteran de nada.
Claro que entenden: xogan e toman nota do que pasa no seu entorno ó mesmo tempo.
CHUPETES ELECTRÓNICOS
Noutros tempos os bebés disfrutaban co chupete de toda a vida, que era para eles o seu goce sexual.
Hoxe en día pónselles nans mans un artiluxio electrónico para que se entreteñan e non dean "guerra".
O problema é que xa van collendo adicción e despois...
Se o/a bebé sabe usar o artiluxio electrónico, demostra que ten capacidade para ir asumindo as responsabilidades propias da súa idade.
AÍ EMPEZAN OS DEBERES
Non son os deberes escolares, son as habilidades para saber comportarse como corresponde á súa idade.
O profesorado de infantil, quéixase de que as criaturas non levan adquiridas as habilidades que lles corresponden.
Por outra banda hai proxenitores que pensan que é a escola infantil quen lle ten que ensinar esas habilidades.
Pois non.
Hai cousas que corresponden á familia exclusivamente.
A escola ten abondo coas propias funcións.
O que debe e pode facer a familia non debería delegalo en ninguén.
CANDO O FALLO VÉN DA BASE:
As criaturas non teñen culpa; pero se van arrastrando retraso, vanse frustrado e preparan peor o seu propio futuro.
Con liberalas dos deberes propios da súa idade, non lles facemos favor ningún.
Cando unha criatura ten asimilados os seus deberes, o rendemento escolar é maior e tamén prepara mellor o seu porvir como adulto.
Paso a paso, deberes e dereitos van collidos da man.
NA VIDA DE FAMILIAR HAI DEBERES E DEREITOS
Os proxenitores teñen os deber de educar ós fillos así como darlles o sustento e todo o que necesitan mentres non poden defenderse por si mesmos.
Os fillos teñen o deber de obedecer, respectar e amar ós seus proxenitores así como ocuparse dos seus coidados cando chegan á senectude.
En recompensa, uns e outros saen gañando porque se apoian mutuamente.
NO MUNDO LABORAL TAMÉN HAI DEBERES E DEREITOS
Se os xefes se queixan do rendemento das persoas que teñen ó seu cargo e estas dos seus dereitos laborais: algo vai mal.
A balanza entre deberes e dereitos debe estar equilibrada
Para recibir, primeiro hai que dar.
Toda a xornada a traballar e ó remate: cobrar.
Cobrar sen traballar non vén ó caso.
CÓMPRE ACTUAR CON COHERENCIA
Uns máis e outros menos; pero todo temos un coñecemento mínimo dos nosos deberes porque a vida mesma nolos vai ensinando.
Ó longo da vida todos aprendemos uns principios que nos serven para a nosa realización persoal en convivencia cos demais.
Debemos comportarnos cos demais como nos gustaría que se comportaran con nós.
Así de fácil
Se somos coherentes, debemos practicar o que cremos.
Se somos incoherentes co que cremos: podemos rematar crendo que o que facemos está ben feito.
No é así, exactamente.
A verdade non ten máis que un camiño: é obxectiva.
Certo que cada un ve a vida desde a súa perpectiva; pero:
A maneira particular de ver a vida non sempre é obxectiva.
Cómpre ser conscientes da nosa misión na vida.
"SOMOS UNHA PEZA CLAVE".
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora