Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

UCIN ve inadmisible a falta dun helicóptero do 061 en Galicia

Calo, José Luis - lunes, 07 de abril de 2025
Estes helicópteros de soporte vital avanzado poden proporcionar asistencia médica no lugar a pacientes extremadamente críticos, polo que esta situación trátase dun caso de abandono de funcións con risco para a cidadanía. Cúmprese unha semana sen servizo de helicóptero medicalizado dende Santiago. Só está dispoñible para toda Galicia o que ten base en Ourense, o que ocasiona un evidente prexuízo a diversas zonas cercaneas a comarca de Compostela e outras incluso máis afastadas, ao demorarse a atención en posibles accidentes ou emerxencias. Incluso este martes a Asociación de Defensores do Paciente enviou unha carta ao fiscal superior da comunidade, Fernando Suances, Fiscalía Superior de Galicia, que o servizo de Urxencias Sanitarias 061 da Xunta está sen un dos seus dous helicópteros dende o pasado venres. Concretamente, trátase do que ten a súa base en Santiago de Compostela, que sufriu unha avaría técnica o venres que o deixou inoperativo. José Luis Calo, "trátase dun caso de «abandono de funcións con risco» para a cidadanía, polo que esixe explicacións urxentes ao goberno da Xunta para que tome as medidas correspondentes e aborde a raíz deste grave problema. Non podemos permitir que se poña en perigo a saúde dos galegos".
Calo, José Luis
Calo, José Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES