Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un señor libro

Rivas Delgado, Antonio - miércoles, 09 de abril de 2025
Uns días antes do luns, 17 de marzo, invitáronme á presentación dun libro e dunha exposición na biblioteca Nós de Ourense sobre os maragatos. Por causas familiares non puiden asistir. Ese mesmo día, á media tardiña, recibín un correo electrónico para que, cando puidera, pasase a recoller o libro que deixaran de agasallo para min.Un señor libro

Fun ó día seguinte e pensando máis ben nun libriño deses de peto, "de bolsillo". A miña sorpresa foi maiúscula cando vexo que se me achegan cun señor libro, que mesmo pensei ó momento se non erraran ó collelo. Non, alí estaba a nota co meu nome e cando vin o título, "Los Maragatos de la Puerta de San Pedro", souben que si, que ese era o agasallo.

O libro é descomunal, é deses que penso que case non se editan xa; é deses que, cando o pides, en vez de chamarlle libro, chámaslle tomo; moi semellante a aqueles libros das enciclopedias. Ben encadernado e mellor editado.

"Los Maragatos de la Puerta de San Pedro" -xa máis ou menos o título o di todo-, versa sobre os maragatos en certas zonas de Galicia, en xeral, e en Lugo, en particular; baixo o prisma da familia Pérez Carro. Marabillosamente documentado e esplendidamente fotografado.

Escrito por Antonio Giz e Xulio Xiz (meu amigo) deixa un moi bo sabor histórico e nostálxico incluso para os que non somos desas zonas, e cun grande sorriso nos beizos coas testemuñas finais de certas personalidades e, por suposto, dos propios familiares Pérez Carro. Un señor libro!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES