Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Baixa o custo da vida

martes, 21 de julio de 2009
E ninguén o cre. Porque temos perdido totalmente a confianza nun índice que non nos di nada a nivel popular, e só serve como punto de referencia en termos económicos e oficiais para establecer determinados parámetros. Pero ninguén se fía do "custo da vida".

Se o custo da vida fose evolucionando de acordo coa realidade, non teriamos perdido nivel adquisitivo, e o índice sería dogma de fe alomenos en termos económicos.

Pero non todos os elementos entran nese índice, descoñecemos o peso específico de cada elemento que nel intervén, e a visita a calquera grande superficie evidencia que o que se nos vende como referencia para o custo da vida non ten aplicación na nosa actualidade comercial.

Se o custo da vida fose real, coa entrada do euro tería que ter reflectido un aumento tan brutal como o que na realidade se notou cando a xeralidade dos produtos traduciu o seu precio de cen pesetas a un euro, cun incremento inmediato do sesenta e seis por cento.

Pois agora resulta que o I.P.C. baixa en relación co ano pasado, e non o notamos. Nin o cremos. Non o notamos porque estamos afeitos a continuos incrementos e xa perdemos toda referencia. Non o cremos, porque a nosa economía depaupérase sen remisión. E poden ser verdade as cifras macroeconómicas e os índices de referencia, pero non nos poden pedir que notemos que temos máis diñeiro para os nosos gastos, porque non podemos notar a diferencia.

Baixará o custo da vida, pero moito ten que evolucionar esta crise para que percibamos este beneficio nas nosas economías.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES