Incendios forestais
lunes, 20 de julio de 2009
Mentras en outros puntos de España os incendios forestais son mala noticia e arden hectáreas de gran importancia ecolóxica e social, en Galicia polo de agora estamos librando moi ben desta catástrofe periódica.
Ben certo é que a climatoloxía que perxudica ó turismo beneficia ó estado de saúde da xeralidade dos nosos montes, e as temperaturas non subiron na comunidade de xeito que outros anos foi habitual, polo que tampouco podemos afirmar que este é un ano mellor ca outros a efectos de salvar as nosas superficies arboradas do que podería ser unha plaga bíblica.
O dos incendios é unha proba de lume para calquera goberno, pero sempre tendo en conta a climatoloxía que é o factor máis importante. Se hai mal verán en canto a temperaturas e choivas, para os montes mellor. Pero este ano, que cambiou o signo da administración, temos que comprobar como funciona o operativo antiincendios que se supón, como moitos outros temas, herdado da anterior.
Agardamos que o tempo ha mellorar, ten que mellorar para que as vacacións sexan ese período co que soña a maioría dos galegos durante once meses ó ano. E que desde agora ata remate de agosto poidamos vivir días claros que enchan praias e, con elas, os restaurantes e os hoteis do noso amplísimo litoral.
Desexemos que sigamos a disfrutar dun bo verán desde o punto de vista dos nosos montes, e que ese mesmo verán permita compatibilidade absoluta co disfrute de bonanza climatolóxica.
Ten que ser posible. Ten que funcionar o sistema antiincendios, como tamén o de prevención de lumes. Polo ben de todos. Agardemos que sexa asi.
Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora