Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba, Chantada (Lugo) (14)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 15 de abril de 2025
9. Algunhas consideracións antropolóxicas sobre o Entroido de Santiago de Arriba
Este Entroido segue sendo un dos poucos existentes de aldea en Galicia, que se celebra durante catro días, e que conserva as súas sinais de identidade "É un Entroido de aldea pequena, que o fai moi interesante ao quedar no núcleo da localidade" (1). Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba, Chantada (Lugo) (14) Un dos trazos máis peculiares deste Entroido e a función fecundadora e fertilizante, que tiveron e seguen tendo "os volantes" na Ribeira chantadina". É dicir dende sempre, os volantes pasaron polas hortas e polas terras de labor, sendo considerado como algo benefactor pras mesmas, ata o punto que os mesmos propietarios acceden gustosos e mesmo queren que se leve a cabo este ritual de paso por elas. Dende a nosa óptica este ritual fecundativo por parte dos volantes está ligado a interacción cromática desta máscara na súa totalidade -e moi especialmente a dun dos seus elementos, como é o "pucho"- coa natureza, que vai amosando diferentes cores segundo a época do ano. "A diversidade de colorido, que amosa o pucho, en canto aos plumachos, as flores de papel e a diversidade de colonias, estase identificando coa unidade de cores, que mostra a natureza en canto aos seus froitos, flores prantas etc." (2).
Con respecto "as campaíñas" sabemos que dende a época antiga tanto o xudaísmo como o cristianismo atribuíron ao seu son propiedades específicas para conxurar aos espiritos maléficos. "Todos sabemos da importancia das campás da igrexas para evitar amenazas como treboadas ou para facer fuxir aos nubeiros e tronantes, personaxes da nosa mitoloxía popular causantes dos lóstregos e da sarabia" (3). Polo tanto, é probable que "os sons das campaíñas" serían un signo de vitalidade mais tamén un arredamento de todo aquilo que provoca o mal.
Por outra banda, as máscaras son un símbolo relevante da inversión da orde, dos valores e convirtense dalgún xeito nunha representación do home como animal fronte ao home nun ámbito social. En consecuencia é patente o enfrontamento entre natureza e cultura. Así mesmo, algunhas prácticas rituais do Entroido acadan o indicador da identidade local en contraposición a uniformidade forzada pola globalización. De aí que para os veciños de Santiago de Arriba este Entroido sexa pola súa orixinalidade e Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba, Chantada (Lugo) (14) singularidade un importante elemento identitario desta comunidade. No obstante, tamén hai un sentido de apertura de cara ao exterior que se manifesta ben en dalo a coñecer no propio "Campo do Moredo" e, tamén, noutras localidades. No primeiro caso dase mesmo a oportunidade a que aquelas persoas que veñen ó mediodía para coñecer o festexo antroidano poidan xantar cos que van a participar posteriormente. "O que ven de fora é un máis, mesmo pode xantar con nós se chega ao mediodía. Desexamos, que se sega coñecendo en todas as partes, máis non queremos que se masifique como está sucedendo noutros lugares. Aquí fixose, e estase a facer un traballo de recuperación moi relevante." (4).
Este festexo conleva en si mesmo a risa polo que está acaecendo, producto da teatralidade, da inversión de situacións e da parodia de diferentes feitos da vida real. Polo tanto, non resulta estrano pensar que os que mandaban hai anos tivesen inquedanzas coa risa do pobo, xa que ía dirixida de cara a unha legalidade vixente imposta rixidamente.
Finalmente, é mester indicar que estamos nun tempo onde a liberación da sensibilidade é máis notoria, facéndose patente na ruptura das normas, que presionan a conducta dos integrantes dunha comunidade. Polo tanto, todo evento festivo, posibilita un tránsito do cotiá a situación onde a espontaneidade, a diversión e o relaxamento dos costumes poden ter lugar.

NOTAS:
1. Informante.: Carlos Puga (Vigo).
2. Informante.: Marisé Rei (Santiago de Arriba).
3. BLANCO PRADO, J.M. e GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: "O Entroido na Ribeira Sacra e en Salcedo. O volante, o peliqueiro e o oso", Tempos de Festa. T.I. Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2006, páx.135.
4. Informante: Xoán Carlos González. Santiago de Arriba.

V. BIBLIOGRAFÍA.
AMARELLE, Raquel G. Galicia en Entroido. Santiago. Xunta de Galicia. 2006, paxs. 44-47
ARAÚXO, Emilio.: Se toda a Vida dos Vellos e dos por nacer (O Entroido Ribeirao), Amastra-N-Gallar, Santiago de Compostela, 2014.
BLANCO PRADO, J.M. e PERNAS BERMÚDEZ, Carme.: Achegas históricas ao Antroido de Val de Francos (Castro de Rei) no século XXI, en Croa (Boletín da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga) nº 19, 2009.
CARO BAROJA, Julio.: El Carnaval. Análisis hitórico-cultural. Barcelona: Taurus. 1979.
COCHO, Federico.: O Carnaval en Galicia, Vigo: Ed. Xerais, 1992.
CHAO REGO, Xosé.: "O Entroido é unha entrada", en Máis de media ducia de escritores chairegos e o Antroido. Coord. Xosé M. Carballo Ferreiro. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüística, Lugo, 1993. Dirección Xeral de Política Lingüistica.
FIDALGO SANTAMARIÑA, X.A..: "IV. Cara a unha busca do sentido do Carnaval ourensán", en As Caras do Entroido Ourensán. Deputación de Ourense. Fundación Caixa Galicia, 2009.
FIGUEIRAS RÍO, Almudena.: Modernización dunha Comunidade do Rural Galego. Análise Antropolóxica das iniciativas vinculadas co Concello de Chantada. I Certame de Investigación do Condado de Pallares. Ed. Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares. Guntín (Lugo), paxs. 47-62.
FIGUEROA PAZ, Antonio.: Experto en Sistemas de Información Xeográfica (Six). Autor dos mapas de localización.
GAIGNEBET, Claude.: El Carnaval. Ensayos de mitología popular. Barcelona: Ed. Alta Fulla, 1984.
GARCÍA CENDÁN, Bernardo. "O desacougo da risa", en Máis de media ducia de escritores chairegos e o Antroido. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
GARCÍA SANTOS, Alfonso.: Antroidos e Máscaras na Galiza Rural. De Nos. Monografías con perspectiva galega. Ed. Sermos Galicia. Compostela. Galiza. 2019, páxs.78-79.
GONDAR PORTASANY, Marcial.: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmo e o nós outros, Vigo: A Nosa Terra, 1993, páxs. 173-174.
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Oscar J.: Mascaradas de la península ibérica, Oviedo: Ed. Autor, 2014.
GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio.: As festas cíclicas do ano, Santiago de Compostela: Manuais do Museo do Pobo Galego, nº2, 1991.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M. e MARIÑO FERRO, X.R. Antroido en Galicia. A Coruña: Deputación Provincial, 1987
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M. Guía de festas populares de Galicia. Vigo: Galaxia, 1997.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: "A Mesta Fraga das Festas de Galicia", en Tempos de Festa en Galicia, T.I. Entre os Reis e o Mes de Maio. Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2006.
GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: "As caras do Carnaval na periferia da provincia Ourensá.
O sur da provincia de Lugo", en As Caras do Entroido Ourensán. Deputación Provincial de Ourense, 2009, páxs. 276-290.
LISÓN TOLOSANA, C. Antropología cultural de Galicia. Madrid: Editorial Siglo XXI, 1971.
LISÓN TOLOSANA, C.: Teoría Etnográfica de Galicia. Antropología cultural de Galicia, IX, Madrid: Akal, 2012.
MARIÑO FERRO, X.R.: O Entroido ou os Praceres da carne: Sata (A Coruña). Ed. do Castro. Cadernos do Seminario de Sargadelos, 84, 2003.
RISCO, Vicente.: Historiza de Galicia, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Etnografía. Cultura Espiritual. Madrid: Akal.
TABOADA CHIVITE, X. Ritos y creencias gallegas. A Coruña: Edicións Sálvora, 1980.
VÁZQUEZ RODRÍGUEZ, Xosé Manuel. " O entroido nas ribeiras de Chantada. A persistencia da festa", en Boletín do Museo Provincial de Lugo. T. VII. Vol. 2, 1995, pp. 249-258.

INFORMANTES: Xoán Carlos González; Marisé Rei; Iván González; Carmen Rei e o seu cónxuxe Alberto; Ignacio Gayoso; Luís Prado; Carlos Rei Álvarez (Morito); Jordi González; Oscar Gayoso; Alexandra Cabanas; José Manuel Seixas; Loís Prado; Carlos Vigo Varela; Beatriz González e o seu conxuxe Antonio; Jennifer Prado; David Rivera; Jandro Barciela; Esteban Lago; Oscar (o das viñas); Rafael.

WEBS:
PIZARRO, Victor Manuel.: "Entroido Ribeirao", en https://ciudad-dormida.blogspot.com.

VI. OUTROS ARTIGOS DO "AUTOR" SOBRE O ENTROIDO NA PROVINCIA DE LUGO.
BLANCO PRADO, José Manuel: "Primeira exposición sobre o Entroido na provincia de Lugo", Boletín do Museo Provincial de Lugo. Servizo de Publicacións da Deputación Provincial, 2005, paxs. 203-222.
BLANCO PRADO, J.M. e GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: "O Entroido na Ribeira Sacra e en Salcedo. O volante, o peliqueiro e o oso", Tempos de Festa. T.I. Fundación Caixa Galicia, A Coruña, 2006, páxs.127-137.
BLANCO PRADO, J.M. e PERNAS BERMÚDEZ, Carme: "Achegas históricas ao Antroido do Val de Francos (Castro de Rei) no século XXI", Croa, nº 19, 2009, páxs. 58 -84.
BLANCO PRADO, J.M.: "O Entroido na Diocese de Lugo. Achegas históricas ao Entroido na Ribeira de Chantada", Lucensia, nº 39, Lugo, 2009, páxs. 363-370.
"O Entroido na Diocese de Lugo. Achegas históricas ao Entroido na freguesía del Salcedo", Lucensia, nº 40, Lugo, 2010, páxs. 163-77.
"2ª Exposición sobre o Entroido na provincia de Lugo", Boletín do Museo Provincial de Lugo. Servizo de Publicacións da Deputación Provincial, 2012. 2010.
BLANCO PRADO, J.M e PERNAS BERMÚDEZ, Carme: «O Entroido Ribeirao. Santiago de Arriba (Chantada) (Lugo)», Croa, nº 22, 2012, páxs. 78-105.
BLANCO PRADO, J.M. «O Entroido na Diocese de Lugo, III, O Xoves de Compadres e o Xoves de Comadres nas Terras de Lemos». Lucensia , nº 45,2012, páxs. 378-389.
O Entroido en imaxes: mostra fotográfica da provincia de Lugo. Deputación de Lugo. Vicepresidencia. Rede Museística.2012
"Aportacións sobre o Entroido Lucense". Anuario Brigantino nº 36, Betanzos (A Coruña), 2013, páxs. 495-513
Autor da foto da portada do libro «O Teatro no Entroido de Salcedo (A Poboa de Brollón)», Deputación Provincial de Lugo, 2014.
"O Enterro da Sardiña na cidade de Lugo. Anos 1985-2002", Anuario Brigantino, nº 39. Betanzos (A Coruña), 2016.
Terceira Exposición do Entroido na provincia de Lugo, Mesón do Forno, Lugo, 2017.
"O Enterro da Sardiña na cidade de Lugo. Anos 2003-2012. Croa, nº 29 . Boletín do Museo do Castro de Viladonga. Castro de Rei (Lugo), 2019.
"Novas achegas históricas sobre o Antroido de "Val de Francos" (Castro de Rei) (Lugo). Segunda década do Século XXI", en Croa nº 31, Castro de Rei (Lugo), 2022, páxs 96-127.
"Rituais ancestrais do Entroido. Achegas históricas á corrida do galo en Galicia e nos concellos chairegos de Castro de Rei e Cospeito", en Pena do Encanto nº 11 (Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos ). Instituto de Estudos Chairegos, Vilalba (Lugo), paxs. 9-23.
"Achegas etnohistóricas ao Entroido da parroquia de Bazar (Castro de Rei) (Lugo) no século XXI ", en Croa nº 32, Castro de Rei (Lugo), 2023, páxs.129-149.
"O Enterro da Sardiña en Vilalba (Lugo) dos anos 2003 ao 2006", en Pena do Encanto nº 12 (Boletín Informativo do Instituto de Estudos Chairegos). Instituto de Estudos Chairegos, Vilalba (Lugo), páxs. 7-18.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES