Brindos do Hospital
Gzlez.Vigo, Marcial - lunes, 20 de julio de 2009
Cando cantan en Vilarín do Monte,
pousan o paxaros reviranse as fontes.
Se soa a cantiga na de Teixoeiras
clarean as noites milagrosamente.
Se na do Hospital a troba levanta
queda lene o día caladiñamente.
Brindo ás tres aldeas,
sans coma moi poucas.
Dispostas nun pano,
unha detrás doutra.
Cae a neve en frebas
como se pousara.
Zapatos de la, na terra lentada,
convertense en auga nos regos que pasan
Brindo, canto e calo
vencido e admirado.
Que o silenzo escribe
detrás dos valados.
Vilarín do Monte,
Teixoeiras; Hospital.
Tres aneles xuntos,
nunha mesma man.
Enmudece o brindo,
en versos distintos.
Tres vodas nun día,
celebran o mesmo.
E están dun alegre,
nun baile de roda.
Erguidos os brazos
nunha festa sóa.
Gzlez.Vigo, Marcial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora