8. Proxección deste entroido ao exterior 
O Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba estáse dando a coñecer ao exterior de tres xeitos:
    1. Nos días de festividade do Entroido, hai varias actuacións dos volantes; dos maragatos; dos mecos no "Campo do Moredo". 
    2. En días anteriores ao Entroido ou mesmo noutras datas, a Asociación do Entroido de Santiago de Arriba xestionou varias actividades coa finalidade de dar a coñecer este Entroido ao exterior. Así, facendo unha breve lembranza da primeira década do século XXI cómpre salientar as seguintes actividades:

 *  No ano 2003, fixose un acordo coa Asociación Xosé Soto de Fión (O Saviña) para levar a cabo unha exposición permanente dos persoeiros do Entroido Ribeirao. 
* No ano 2009, colaborouse nun congreso celebrado na cidade de Ourense sobre "O Entroido".
*  Houbo unha participación relevante no "proxecto Ronsel", organizado pola Universidade de Vigo. 
*  Entre os anos 2008-2010, este Entroido deuse a coñecer en diferentes desfiles celebrados nas cidades de Ourense, Pontevedra e Lugo. 
*  Ademaís, a súa presecia foi palpable na TVG, no programa de "Luar", presentado por D. Xosé Ramón Gayoso. Tamén, en Localia televisión (Lugo). 
Na segunda década e momento actual tamén é mester sinalar ás seguintes accións:
1ª. No ano 2012, este Entroido deuse a coñecer nun desfile celebrado na vila de Potes (Cantabria).  Neste mesmo ano, foi relevante a participación deste Entroido no "Folión dos Carros" de Chantada. 
 
2ª. En anos sucesivos, este evento festivo manifestouse por medio de desfiles en varias vilas e cidades, como Gijón, Salcedo (A Pobra de Brollón), Viana do Bolo (Ourense), Lugo, Santiago de Compostela, Vilariño de Conso (Ourense. Así mesmo, este Entroido desfilou  nas mascaradas internacionais de Lisboa e Vilariño de Conso (Ourense). 
3ª Durante o ano Xoán Carlos González e outros membros da "Asocación do Entroido Ribeirao" como Marisé Rei  e Xosé Manuel Seixas, imparten charlas por diferentes colexios, e institutos explicando os pormenores deste Entroido. É moi meritoria a tarefa que está a impartir dende hai anos Marisé Rei, por moitos colexios e institutos, facendo talleres sobre "a maneira de confeccionar o pucho" (1). Ata estes intres este labor levouna a cabo en colexios e institutos (I.E.S.) das seguintes localidades: Antas de Ulla, Becerreá, Castro Ribeiras de Lea, Castroverde, Chantada, Guitiriz, Lalin, Lugo, Taboada... Trátase dunha tarefa moi dinámica que vai continuar en próximos anos.
NOTAS:
1.  O elemento básico que porta "o volante", que ademaís leva unha carauta e un cinto de campaiñas.