Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As tunas

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 03 de abril de 2025
É indiscutible, que as tunas aledan o corazón e a alma. A elegancia dos tunos e a súa forma de facer pasar rúas, alo a onde queiran que vaian sementan sempre ledicia e ben facer, sobre todo, antano coas mozas novas ás que namoraban cos seus cantos, como nos lembra a canción "Tuna Compostelana" cando di: "Porque allá en el templo, del Apóstol Santo una niña llora ante su patrón. Porque la capa del tuno que adora no lleva la cinta que ella le bordó".

Pero a pregunta é, de onde veñen as tunas e por que se lles chama tunas?.
Pois veremos. Ao parecer, as tunas comezaron a existir entre os séculos XII, XIII ou XIV, pero naquel entón, non se lles chamaba "tunos" aos compoñentes das tunas, chamábanse "SOPISTAS". Pero, por que se lles chamaba así?.

Pois veremos. As tunas foron creadas por estudantes normalmente vagos e vividores, aínda que hai outras versións, de que foron creadas por estudantes pobres ou de pais pobres, pero esa a min non me cola, pois neses séculos, os fillos dos pobres era impensable que puideran acceder ás Universidades.

Neses séculos, as tunas creáronas os estudantes fillos mal criados de ricos, que non rascaban bóla nos estudos e andaban sempre de troula e crearon as tunas, para dar concertos polas rúas, bares e festas para poder socorrer os petos baleiros de cartos, precisamente, porque sempre andaban de troula.

E claro está, o nome de "SOPISTAS" puxéronllelo por iso de "VIVIR A SOPA BOBA", que era o que facían.

Chupábanlle cartos ás rapazas, aos clientes das tabernas e chupaban cartos e comida As tunasaló a onde a "capa" lles daba alcance. Co paso dos anos, cambiáronlles esa definición e de sopistas pasaron a tunos que vén a ser o mesmo, "tuno de tunante".

Proba evidente do que digo, é a historia que de seguido vos conto de cando en Foz e por primeira vez vimos unha tuna, que non sei se chamarlles sopistas, tunantes ou estafadores, quizais mellor isto último.

Foi aló polo ano 1961, cando unha tuna lle propón a unha familia de Foz, que a súa filla sexa madriña da tuna, proposta que a familia de un gran empresario de Foz, Jeremías Pardiñas Souto propietario dunha fábrica de ladrillo coñecida co nome de MORPAR (as tres primeiras letras dos apelidos dos dous socios da empresa, José Morán e Jeremías Pardiñas), que aceptan e así é, como a súa filla chega a ser a madriña da tuna, pagando a desorbitada cifra de 100.000 pesetas da época (601 euros de hoxe).

A tuna chamábase "Tuna de Náutica de A Coruña", e chegaron a Foz, procedentes de A Coruña, pasando por O Ferrol, Cedeira, Viveiro e Foz e en cada unha destas localidades elixían unha madriña, claro está, rapazas de familias acomodadas que podían pagar tal cifra.

A madriña de Foz, neste caso, sería Olga Pardiñas Doval, que como dixen era filla do empresario Jeremías Pardiñas Souto e de Marina Doval Naray. Olga levaría de damas de honra a dúas amigas dela, Lolita Sanjuán e Alicita Pumarega.

Resulta que unha das normas desta tuna, era que a madriña ese día non podía bailar con ninguén alleo á tuna, pero da tuna, só podía bailar co que facía de xefe o cal non ía vestido de tuno, se non que levaba roupa normal, e outra das normas da tuna de cara á madriña, As tunas era que ninguén lle podía facer fotos na compaña da tuna ou tunos, e para facer esas fotos, levaban eles en exclusiva un fotógrafo que os acompañaba nas xiras.

A cuestión foi, que a Olga lle prometeron que lle enviarían as fotos, pero Olga nunca chegou a recibilas nin volveu a saber nada dos tunantes, que despois de cobrar a cifra de 100.000 pesetas do ano 1961, nin as grazas lle deron, nin unha foto de recordo.

Compre destacar, que nesa viaxe, entre O Ferrol, Cedeira, Viveiro e Foz, cobraron 400.000 pesetas do ano 1961 (2404 euros de hoxe), unha boa cifra. A única foto que ten Olga Pardiñas de recordo, é unha que ela se mandou facer en Lugo, co traxe que levaba ese día incluída a banda que a distinguía como madriña.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES