Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

PARA CANDO AS LISTAS ABERTAS

lunes, 08 de septiembre de 2003
Cando saltou o escándalo da Comunidade de Madrid coa ausencia nas votacións dos deputados Tamayo e Sáez, aos poucos días o secretario de Organización do PSOE, José Blanco comentaba nos xornais: 'por encima de dos corruptos políticos hay una trama inmobiliaria, vinculada con el Partido Popular'. Este partido reaccionou acusando ao PSOE 'de poner en marcha el ventilador cuando lo que deben es poner a funcionar la lavadora'. Coido que en parte teñen razón con esto da 'lavadora', non soamente o PSOE, senón que lavar os farrapos vellos e emporcados lles fai moita falla a tódolos partidos do arco parlamentario.
Fai 26 anos que foron legalizados os partidos políticos e seguimos practicamente coa mesma lei electoral que está producindo un 'déficit democrático' enquistado en todos estes anos nos partidos políticos co actual sistema de designación de candidatos, sendo case sempre un coto pechado e monolítico rematando a elaboración de listas en problemas de ambicións frustradas e receos persoais. Logo están os que sempre acaparan os primeiros postos da lista case sempre, onde poden estar os corruptos, pero teñen que estar porque a alta dirección así o manda, a isto lle chamo 'pagar favores'. Todo isto se transmite a sociedade con ese déficit democrático imperante nos partidos. A democracia máis que o goberno do pobo é o goberno dos políticos, onde se profesionalizan, e de vivir para a política adícanse a vivir dela.
O sistema de listas abertas e de eleccións internas abertas nos partidos, sería unha fórmula que circulara polo interior deles un pouco de ar fresco máis democrático gañando con elo o pobo soberano, o mesmo pobo xa se encargaría de depurar aos corruptos e canallas.
A democracia é un método que necesita un axuste de sintonía permanente, co tempo ten que evolucionar con métodos en relación coa actualidade en que vivimos e non pasar 26 anos coa mesma lei electoral sen evolucionar nin un ápice, rematando en barbaridades, corruptelas, grandes corruptos e tránsfugas como está acontecendo cada ano que pasa, onde fede todo aquilo que toca algún político. Ou se troca a lei electoral a listas abertas, onde elixamos aos mellores nas urnas, e trocan os métodos internos nos partidos de elección dos candidatos, ou remataremos como unha democracia bananera onde todo vale para acadar un fin.
¿Qué partido lle pon o cascabel ao gato neste tema no Parlamento?. Ata o momento ningún, parece que non interesa. Certos partidos alegan que este sistema corre o risco de que a candidatura finalmente elixida pode resultar pouco funcional. Pode ser que poidan quedar excluídos políticos de valía e experiencia, coido que son preferibles estes resgos que ter corruptos e caralláns durante décadas.
A pregunta que me fago é moi simple ¿Acontecería todo o que pasou na Comunidade de Madrid si existira listas abertas?. A resposta queda no ar.
Sres. Políticos, para cando as listas abertas.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES