Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Cursos de reciclaxe?

Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 03 de abril de 2025
Todos sabemos que estamos na era industrial e na tecnolóxica.
A industria ofrécenos novos productos porque avanza cada día...
As empresas importantes precisan poñe-lo personal ó día e vense obrigadas a facer cursos de reciclaxe.
O profesorado está constantemente facendo cursos de actualización para descubrir novos métodos de ensino.
Os profesionais da medicina tamén teñen que estar reciclándose constantemente para controlar o avance das enfermidades.
Todos temos que poñernos ó día se non queremos quedar á marxe.
E pregúntome eu:
¿Non é a educación dos fillos unha empresa moi importante?
A min paréceme que si.
Daquela:
¿Qué pasaría se foran posibles: cursos de preparación e reciclaxe para proxenitores?
¿CURSOS DE RECICLAXE OBRIGATORIOS PARA PROXENITORES?
¿Poderían ser obrigatorios?
¿Poderían pagarse con fondos públicos?
¿Sería unha boa inversión?
¿Non é a familia a primeira empresa?
¿Non é na familia onde se forxa a personalidade dos cidadáns do futuro?
A FAMILIA: UNHA EMPRESA DE GRAN EMBERGADURA
Para acceder á maioría dos postos de trabllo esíxese unha preparación previa.
¿E para fundar unha familia?
¿Non fai falta nada para fundar unha familia?
¿Non estaremos confundindo a madurez sexual coa madurez afectiva e mental?
A Igrexa Católica esixe uns cursos prematrimoniais, entre un home e unha muller antes de contraer matromonio canónico.
Pode que sexan insuficientes; pero poden mellorarse.
O estado no esixe nada, tan só a maioría de idade, ós 16 anos para os que queren optar polo matrimonio civil.
Pero moitos deciden ir a vivir xuntos sen máis requisito que a fogosidade do momento.
De modo que danse situacións de convivencia entre persoas que poden ser: heterosexais, homosexuais, monógamas, polígamas, etc
E cando a fogosidade se acaba, din que rematou o amor.
¿Houboo nalgún momento?
O amor é algo moi serio.
FUNDAR UNHA FAMILIA É MOITO MÁIS MPORTANTE.
Ultimamente estamos tomando este tema moito á lixeira.
Así a familia perde intensidade.
E, se a familia se desmorona, a sociedade, tamén.
FAMILIAS EN SERIO
Tamén as hai, afortunadamente.
Son as parellas que se plantexan a vida compartida para toda a vida.
Cando se trata de crentes, selan o matrimonio co Sacramento que lles dará forzas para educar os fillos para amar a Deus e ó próximo.
A Igrexa vailles ofrecendo axuda a través da Palabra de Deus.
Pero aínda así, a educación dos fillos pode ter lagoas.
Non basta con querer moito ós fillos, nin con deixarse a pel traballando para que non lles falte de nada.
HAI QUE ENTRENALOS PARA A VIDA DESDE A MÁIS TENRA INFANCIA.
A vida é un regalo maravilloso; pero de doado, non ten nada.
Hoxe en día a vida ten máis esixencias e complicacións que nunca.
Cómpre unha preparación a conciencia para non caer en multitude de tentacións que nos presenta o mundo actual.
Ser proxenitor/a responsable necesita estar moi ó tanto dos perigos e das esixencias destes tempos.
TODO TEN CONSECUENCIAS
Se dámos prioridade ó ter e non ó SER, mal vamos.
Nestes tempos queremos ter dereitos sen os correspondentes deberes.
Eso é imposible.
Deberes e dereitos son as dúas caras da moeda de vida.
CÓMPRE TELO EN CONTA PARA IR CORREXINDO ERROS:
-Educar para compartir e non para competir.
-Educar para o sacrificio e desterrar o hedonismo.
-Educar para compartir os roles no fogar.
-Educar para valorar ós superiores por múltiples razóns.
-Educar para a convivencia tanto no fogar como fóra.
-Educar para practica-las virtudes de toda a vida, dando prioridade á caridade.
-Educar para ser altruistas e xenerosos uns cos outros.
-Educar para respectar o espazo de cada persoa, para que poida realizarse.
-Educar para cumprir cos deberes para poder ter dereitos.
Se cumprimos cos deberes, tamén podemos esisxir os dereitos correspondentes.
"DEBERES E DEREITOS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES