1936 no teatro
Santalla, Iago - miércoles, 09 de abril de 2025
Fun ver a obra de Albert Boronat, Juan Cavestany, Andrés Lima y Juan Mayorga, 1936 no Teatro Rosalía da Coruña. O primeiro que hai que destacar é o éxito de taquilla que supuxo unha ampliación a tres funcións con ampliación de aforo tamén. Segundo, o espectador entra no teatro, atópase con que a ambos lados do escenario hai unhas gradas destinadas a acoller público, un público que verá a obra ao pés dos actores.
Outro aspecto que cómpre destacar é a complexidade da obra: falamos dunha función de catro horas con dous descansos de 15 min e, ademais disto, cada actor encarna varios papeis meténdose na pel de ambos bandos. Vendo a obra, un entende que require para a súa interpretación actores moi experimentados, xa que ten unha complexidade tanto física como psicolóxica que require, como diríamos popularmente, "ter moitas táboas".
1936 ten de todo: música, diálogos e incluso monólogos que reproduce discursos radiados como aquel do xenocida Queipo de LLano no que animaba a súa recua a violar ás mulleres republicanas.
A peza consigue reproducir o terror, un terror que sobrecolle e nos invade psicoloxicamente ata tal punto que os intermedios da obra se fan imprescindibles para o público que precisa tomar alento para seguir meténdose na cruel historia.
Por todo isto, paréceme unha peza histórica que está tendo a gran acollida que merece. Ao saír do teatro comentamos o seguinte: "agardo que isto se grave nalgunha das súas funcións" porque é un documento histórico que non podemos perder.
Parabéns a todo o elenco por unha obra simplemente xenial.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora