Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Poesía de Avelino Díaz en 'Debezos' (Íntimas) (11)

Otero Canto, Xosé - viernes, 04 de abril de 2025
Chuvia de Estrelas

É unha composición de 24 versos de rima consonante que o conforman 6 redondillas de 4 versos cada unha seguindo este esquema: /abba / cddc / effe / ghhg / ijji / kllk /.
Parécenos moi curioso e innovador o feito de que a rima sexa a que define as partes desta composición, pois, nela hai rima oxítona ou aguda e rima paroxítona ou grave, sendo a rima a que, dalgunha maneira é a distribuidora dos contidos amorosos das que nos embarga Avelino, formados por versos octosílabos, cultivados desde sempre porque xa aparecen nos albores da literatura nos cantares populares para seguir despois no Renacemento e no Barroco, rexorden novamente no Romanticismo para continuar o seu emprego, aínda que xeralmente limitado a redondillas, como é o caso, tamén a décimas e sobre todo a romances.

COMPOSICIÓN
ESTRUTURA
Comentabamos que a estrutura do poema estaba rexida polo último acento dos versos ou acento da rima que é o eixe que debemos seguir para vertebrar, aclarar ou explicar as partes nas que se divide o poema; segundo isto, a primeira parte formaríana as dúas redondillas primeiras; a segunda, as dúas seguintes; a terceira correspondería coa redondilla número cinco e a cuarta parte e a derradeira e a última redondilla, a número seis, que vén ser o resumo de todas e tamén a que lle pon título ao poema, título co que remata , facendo unha composición pechada pola: "Chuvia d-estrelas".

PRIMEIRA PARTE
Esta primeira parte fórmana as dúas primeiras redondillas nas que o eixe "vertebrador" é a rima aguda ou oxítona das dúas estrofas, que fan que os versos de sete sílabas haxa que engadirlles unha sílaba máis polas leis da fonética e así computar oito sílabas froito desa rima aguda, que supón unha fortaleza do ton e que o prolonga ao remate do verso, semellando de oito sílabas pola duración dos sons fortes.

N-ese doce teu ollar..........7+1
topei un novo vivir.............7+1
i-adeprendín a surrir..........7+1
co teu donoso falar............7+1

Co zucre dos beizos teus....7+1
o meu vivir regalei: ........... 7+1
así a conocer cheguei.........7+1
o ben que me fixo Deus....7+1

En todo o poema hai unha dicotomía ou dualidade entre os posesivos "teu" e "meu" nunha relación de causa-efecto pois:
----------TEU -------------- MEU
co ---- teu doce ollar / topei un novo vivir
co ---- teu donoso falar /adeprendín a surrir
coa --- zucre dos beizos teus /o meu vivir regalei/así a conocer cheguei/ o ben que me fixio Deus.

Vemos como o ollar, o falar e os bicos da amada producen efectos no amante e converte o amor nunha menciña milagrosa, tal como o doutor Bernard S. Siegel nos manifesta no libro Amor, medicina milagrosa, onde a través dunhas testemuñas cos pacientes manifesta a posibilidade de curación, sendo o amor unha menciña moi poderosa capaz de sandarnos física, mental e emocionalmente.
Nesta primeira parte, Avelino móstranos as menciñas que emprega a amada para a curación: "o doce ollar, o donoso falar e o zucre dos beizos", que terán repercusión nas dúas seguintes estrofas.

SEGUNDA PARTE
Está representada polas dúas redondillas seguintes, correspondentes á 3 e á 4, lugar no que se cambia o acento de oxítono a paroxítono e que aproveita o autor para expoñer os males polos que atravesaba ou a(s) enfermidade(s) que o posuían.

Na miña frente azoutada
pol-os ventos do camiño
o sol do teu amorciño
puxo a luz d-unha alborada.

Do vello vivir tristeiro
o deseio é realidade;
cheguei á felicidade
por un luminoso vieiro.

Na segunda parte cambia tamén a aparición dos personais porque na primeira parte eran a segunda e a primeira persoas, (teu-meu), e nesta é ao revés, primeira e segunda persoas (meu-teu)
A Poesía de Avelino Díaz en 'Debezos' (Íntimas) (11)

Como vemos, o autor atópase canso de vivir "polos ventos do camiño", que é unha metáfora da existencia ou camiño entre a maldade dos ventos que nos azoutan. Ademais do cansazo, o autor está triste, "vivir tristeiro", que temos que relacionar coa escuridade porque a curación é "luz", a amada "puxo a luz dunha alborada" e ademais levouno "por un luminoso vieiro". Chámanos tamén a atención unha máxima filosófica que aparece no medio do poema, concretamente no verso catorce, onde nos di "o deseio é realidade".
Para Freud e os seus discípulos o desexo orixínase no inconsciente e está impulsado por pulsións instintivas. Para Lacan, o desexo é unha forza que impulsa a procura da identidade e a relación do potencial humano máximo, por iso o desexo pódese converter en realidade, de aí que nos chame a atención esta máxima de Avelino que xa posiblemente fose coñecedor da psicanálise e das teorías de Freud e discípulos.

TERCEIRA PARTE
Esta terceira parte maniféstasenos pola utilización única e exclusiva da rima oxítona, soamente nesta redondilla e nas dúas primeiras xa vistas, trátase da penúltima estrofa e ten como resultado a CURACIÓN do protagonista mediante o amor, pois:

Nas verbas d-unha canzón.......7+1
fuxiu de min o dolor; ..............7+1
menciñas do teu amor ............7+1
sanou o meu corazón...............7+1

CUARTA PARTE
Esta última redondilla que remata a composición mestura os dous tipos de rima, a paroxítona nos versos primeiro e último e a oxítona nos versos segundo e terceiro, chegando a ser como o resumo da composición, por iso o autor mestura as dúas rimas empregadas:
A Poesía de Avelino Díaz en 'Debezos' (Íntimas) (11)

Esas sinxelas virtudes da amada: "o doce ollar, o donoso falar, a zucre dos beizos" caeron no "meu xardín" que vén ser no amado como xardín e tamén como beleza da que se orixina e coa que se orixina o poema que é tan fermoso como unha "chuvia d-estrelas".

NOTAS:
FREUD, Sigmund (2020).- Obras completas. Editor Wise house.
SIEGEL, Bernies (1989).- Amor, medicina milagrosa. Ed. Espasa Calpe.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES