Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Si vis pacem...

Santalla, Iago - miércoles, 02 de abril de 2025
Sabemos ben esta sentenza en latín: "se queres paz, prepárate para a guerra". O que nunca imaxinamos é que esta sentenza histórica chegara a ter algún tipo de vigor nos nosos días. Pois aquí estamos: repicando tambores que coidábamos rachados na rotundidade daquel "nunca máis" da 2ª Guerra Mundial. A Europa do desarme volve a armarse ante potencias antagónicas que parecen unirse nun eixo autocrático. Falo, naturalmente, de EEUU e Rusia dispostas a esquilmar os recursos do mundo. Neste sentido habería que recordar que a paz non é só ausencia de violencia, senón tamén que toda persoa poida acceder aos recursos necesarios para unha vida digna.

É certo, temos que defender a liberdade e a liberdade precisa dignidade. Non hai liberdade sen recursos e hai quen quere posuílos exercendo, sen límites, unha violencia estrutural que rouba e esquilma á vulnerabilidade.

Hoxe quero crer na reformulación da sentenza "se queres paz para a guerra" pero non a costa de impoñer a violencia estrutural: esquilmar recursos, admitir conquistas, lexitimar invasores, humillar invadidos, ceder a terra sen ter en conta quen vai nela, reforzar ditaduras, recoñecer a liberdade do capital por riba da liberdade persoal. Non, non e non porque todo isto, lonxe da paz, sementa de (sen)razóns as guerras do futuro.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES