Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os velorios nas casas

Rivas Delgado, Antonio - lunes, 31 de marzo de 2025
O sábado, en La Rergión, na sección Historia en 4 Tempos, asomaba unha nova de hai 75 anos, é dicir, o 29 de marzo de 1950, na que, en Almoite (Baños de Molgas), resultaron feridas dez persoas ó fundirse o piso no que estaban rezándolle a un defunto. O propio defunto tamén se foi abaixo "no medio do estrépito e pánico conseguintes". Remata o apunte con que o médico de Baños de Molgas, Argimiro Fernández Carujo asistiu ó momento ós feridos máis graves.
Os velorios nas casas
Hai 75 anos. Por eses anos ós defuntos velábanse nas casas durante todo o día e durante toda a noite. Un tempo esgotador, tanto para a familia como para os veciños. Un tempo no que, moitas veces, en vez dun velorio, aquilo semellaba unha feira. Cada un que chegaba iniciaba unha conversa en voz baixa e con certo respecto, pero ó ir acumulándose a xente, os tons das voces subían, as risas empezaban a asomar e, en algúns casos, a troula, a esmorga xa era case xeral. Un tempo no que a costume da familia do defunto era devolver o favor pola asistencia, e non tardaban en ofrecer, máis ben polas noites, cafés para aguantar e copiñas para manter os corpos nunha boa temperatura. Copiñas de augardente e licor café, claro. Un tempo no que, copiña a copiña, máis dun saía de mañanciña coma se saíse do bar; intentando manter o equilibro para chegar sen moitos contratempos ás súas casas.

Pola outra banda, e volvendo á propia noticia, estaba a costume dos velorios nas propias casas. Casas moitas veces vellas, xa coas táboas do piso máis que podrecidas, pois hai que lembrar que, antigamente, a maioría dos pisos das casas rurais estaban por enriba das cortes, con todo o que estas producían, emitían en cuestión de gases. Non era de estrañar entón que algúns pisos se fundiran e que moitas casas, ó ter un defunto, as apuntalasen antes de que unha morea de veciños, co seu peso, mandasen abaixo todo o que estaba arriba. Tamén hai que salientar o problema que existía ás veces para sacar o ataúde da casa. Máis dun tivo que saír pola ventá, pola galería ou polo balcón.

Ante todo iso, benditos sexan os tanatorios; que te libran de preparar unha habitación, que te libran de accidentes inoportunos, que te libran duns horarios imposibles e de certos comportamentos inadecuados nuns momentos nos que se agradece a calma, o sosego, a compañía... pero sen feira.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES