Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Señor, esta Semana Santa vou contigo, así sexa ao Monte Calvario! (7)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 04 de abril de 2025
A derradeira cea
Señor, esta Semana Santa vou contigo, así sexa ao Monte Calvario! (7)
Faltan as mulleres,
pero é que non lle cabían ao pintor neste cadro!

"Antes da festa da Pascua
sabía Xesús que lle chegara a hora
de pasar deste mundo para onda o Pai;
e xa que amara aos seus
que estaban no mundo,
amounos ata a fin".

O evanxelista (Juan) insiste aquí no coñecemento que tiña Xesús do que lle ía pasar, e na súa liberdade para entrega-la propia vida como testemuño de amor. O amor que Xesús ten "ata a fin" quere significar "a plenitude de amor", e mais "a continuidade do seu amor ata a fin da súa vida".

Meu Deus,
que feliz me sinto de ser cristián,
tan amado, tan querido
de Xesús!
Se nos parásemos a pensalo,
pena debíamos ter
de todos aqueles
que aínda
non chegaron a coñecer
as verdades evanxélicas.
¿De quen é esta culpa?
¡De quen vai ser,
nosa,
dos malos cristiáns,
pasotas, apáticos,
que tan pouco facemos
para o Evanxeo
divulgar!
-.-

¡Que si,
que todos somos apóstolos,
pois esta obriga temos:
Predicar co exemplo,
pero tamén coa verba,
e se non sabemos traducir
outros o farán por nós,
se é que tal merecemos!

O verbo Predicar,
xunto con Amar,
son da primeira,
así que por eles
temos que comezar,
¡se queremos aprobar!
-.-

“E mentres ceaban
-xa Satán lle movera o corazón
a Xudas,
o de Simón Iscariote,
para que o entregara-,
sabendo que o Pai lle puxera todo nas mans,
e que saíra de Deus e ía onda Deus...”

¡Pobre Xudas,
que pena me dá!
¿Perdoaríalle Deus esa fraqueza
de acatar a Satán
traizoando, vendendo,
nada máis e nada menos,
que ao seu Mestre,
despois de tantos milagres que lle vira facer?
¡Tan grave é a felonía
que arrepía
con só nomeala!

Señor Xesús,
que na cruz perdoaches,
¡tantas cousas e tan graves!,
dóete de Xudas,
que non che foi o único blasfemo,
o único traidor, o único Xudas,
e ti sábelo ben!
-.-

“Ergueuse da mesa,
deixando a túnica;
e collendo unha toalla,
cinguiuse con ela.
Despois botou auga nunha almofía
e comezou a lavárlle-los pés
aos discípulos
e a secárllelos coa toalla que levaba cinguida”.

O lavatorio dos pés ten aquí un valor simbólico, relacionado coa morte de Xesús, pois 1) faino despois de reparar en que, tanto o lavado dos pés como a súa morte, eran para ben deles, e 2) porque se relaciona coa afirmación de que Xesús ía pasar deste mundo ao Pai. Isto de lava-los pés era símbolo de hospitalidade. Facíano os escravos, ou tamén os discípulos ao seu mestre, como mostra de respecto e delicadeza. O feito de facelo Xesús, sendo el o Mestre, ten a finalidade de animalos a facerse entre eles outro tanto. ¡Unha lección de humildade, sublime!

Señor, esta Semana Santa vou contigo, así sexa ao Monte Calvario! (7)
Señor,
eu, coma Pedro:
os pés, as mans, a cabeza...,
pero,
sobre todo,
a alma.
¡Iso, a alma!

¡Ai, se me lavases a alma,
que feliz me ía sentir,
que xa me sinto
coa esperanza
de volver
á auga do Bautizo!

Esa lección foi boa,
pero fai falta humildade para levala
á práctica!

No meu historial
só teño unha lembranza remota:
Daquela que,
entre varios veciños,
lle lavamos o corpo
ao defunto Pepe do Pacio!
Non foi un trago
doado,
pero tería que facelo mil veces
para ser aprobado
nese Tribunal da Caridade!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES