Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A UNED Senior Coruña no Castelo de San Antón

Rodríguez Patiño, Luis Ángel - jueves, 27 de marzo de 2025
30 alumnos da UNED SENIOR CORUÑA, acompañados do seu Coordinador-Titor Luís Ángel Rodríguez Patiño recibiron as clases de Historia sobre a Historia do Castelo de San Antón.

A finais da Idade Media construíuse sobre un pequeno illote da ría da Coruña unha capela dedicada a San Antón, na que se recollía aos navegantes enfermos do mal gangrenoso Lume de San Antón.A UNED Senior Coruña no Castelo de San Antón

Este illote foi máis tarde utilizado como lazareto, lugar de confinamento dos viaxeiros sospeitosos de padecer lepra.

Coa concesión, por parte de Carlos I, da Casa de Contratación de Especias, o porto da Coruña converteuse nun goloso obxectivo para os inimigos da coroa, polo que o monarca ordenou unha serie de medidas para reforzar as defensas da cidade.

Entre as actuacións estaba a construción dun fortín na illa de San Antón, ata o momento lazareto e hospital de leprosos.

A construción comezou no ano 1587 baixo a dirección do alférez Pedro Rodríguez Muñiz, como indica unha inscrición situada xunto ao escudo do marqués de Cerralbo na portada da fortaleza.

No ano 1590, durante o ataque de Francis Drake, as novas baterías do castelo mostráronse moi efectivas na defensa da cidade polo que Felipe II ordenou ao seu arquitecto, Tiburcio Spinochio que continuase e finalizase as obras do castelo.

A fortaleza foi data por terminada no ano 1590, coa construción dos aloxamentos para a tropa, o alxibe e a torre sobre a porta.

Tras o ataque de 1639, en que a escuadra francesa asediou a cidade, a baía coruñesa quedou protexida polos lumes cruzados dos castelos de San Antón e Santo Diego (hoxe desaparecido).

Tras este ataque o marqués de Valparaíso propuxo a Felipe IV a reforma da fortificación, que concluiría no século XVIII, cando o enxeñeiro Antonio López Sopeña construíu a casa do Gobernador coa súa pequena capela neoclásica no eixo da composición do edificio.

Desde comezos do século XVIII e ata o ano 1960, en que o ministerio do Exército o cedeu ao Concello, perdeu o seu carácter militar e converteuse en prisión.
A UNED Senior Coruña no Castelo de San Antón
Entre os seus reclusos cabe destacar a Malaspina, Melchor Macanaz, o xeneral Villarroel e o mariscal de campo Díaz Porlier.

Na década dos 40 do século XX uniuse a terra por unha prolongación do peirao da Ánimas, deixando de ser unha illa.

Hoxe en día mantén o seu status como Museo Arqueolóxico Municipal

O museo alberga obxectos de arqueoloxía como: ourivaría protohistórica, megalitismo, Idade de Bronce, cultura castrexa, romanización e distintos aspectos da cidade.

O Castelo alberga as seguintes dependencias: Biblioteca (Casa Botero); Salas de exposicións (planta baixa); Salas de exposicións, Sancristía e Capela (planta alta); Casamatas (anexos - planta baixa) e Alxibe (anexos).

Na planta baixa, antigas dependencias da guarnición do castelo, expóñense pezas dos diversos períodos da Prehistoria e Historia Antiga de Galicia, procedentes no seu maior parte de escavacións arqueolóxicas en xacementos da provincia. Mención especial merece a colección de ourivaría pre e protohistórica, con pezas tan notables como o casco da Idade do Bronce de Leiro, os torques do castro de Santo Lorenzo de Pastor, O Pino, ou o conxunto de ourivaría calcolítica de Cícere (gargantilla de tiras, diademas e outras pezas).

Na planta alta, que ocupa a chamada Casa do Gobernador, onde residiron non só galegos ilustres, como Juana de Vega e o seu marido o xeneral Mina, senón que tamén antecesores doutros como Francisco Vázquez que chegaría a ser alcalde da cidade, lémbranse algúns fitos da historia da cidade: expedición da Armada Invencible e posterior ataque de Drake en 1589, con intervención heroica de María Pita, o capitán Juan Varela, o capitán Troncoso e outros moitos coruñeses e veciños dos próximos lugares; nel sufriron encarceramento presos ilustres, como Malaspina, Macanaz ou Porlier. Na Coruña tivo lugar o 16 de xaneiro de 1809 a batalla de Elviña na que faleceron dous xenerais. Por parte dos británicos o tenente xeral xefe daquel Exército Sir John Moore, e por parte francesa o xeneral de brigada Ives Manigaul-Gaulois. Tamén se conservan a capela da Virxe do Rosario e a súa sancristía anexa.
Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Rodríguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES