Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ave, Alcalde

Xiz, Xulio - jueves, 27 de marzo de 2025
Ave, Miguel, Alcalde... Os que andan a sufrir, saúdante!. Xa perderamos a conta do tempo que levamos esquivando obstáculos polo centro da cidade por mor das obras que hai que soportar para a peonalización case total do corazón lucense, e que comprendemos hai que sufrir aínda que non coidabamos que as molestias ían ser tan fortes e duradeiras.

O problema da longa duración complicouse pola simultaneidade en varias rúas, e que houbera que sacrificar pavimentos que non sabían de tráfico mentras outros se renovaban, coa necesaria reparación posterior do desfeito. Pero o difícil de asimilar é que Quiroga Ballesteros teña un novo pavimento manifestamente agredido, e que, xa que o hai que reparar, se faga pasar o tráfico por alí mentras se acaba de amañar Santo Domingo e se repara San Marcos.

Que eu teña chegado a perderme neste laberinto provisional non me fai dubidar da miña capacidade, xa que a situación, aparentemente caótica, permíteme achacalo á provisionalidade que parecía definitiva, facéndonos sospeitar que o estado de obras era o mellor xeito de prepararnos para as limitacións peonís que nunca poden ser máis onerosas ca a situacion actual.

Facía falla un toque de atención que demostrase que alguén controlaba a situación, e foi a nova primeira autoridade municipal a que evidenciou a consciencia do caos experimentado durante tanto tempo, e entendo que -a noventa días vista- a satisfaccion foi xeral e -superando distancias e situacións ben diferentes- lembrei aquela vella canción de Carlos Puebla que proclamaba moi ás claras "llegó el Comandante, y mandó a parar". Era hora.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES