Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pechar bancos e caixas

miércoles, 15 de julio de 2009
Fálase da crise do ladrillo, da burbulla da construcción que agora todos afirman que se vía vir, cabalo ó que se subiron con entusiasmo industriais e advenedizos, investidores e especuladores, que exprimiron o sector ata que non foi posible obter nada máis e todo se parou. Fálase desta crise do ladrillo como causante de todo, por pura inflación.

E nada ou case nada se di de bancos e caixas, que viviron a súa particular inflación nos tempos de vacas gordas da economía, copando as mellores zonas urbanas para instalar as súas oficinas, conseguindo os mellores locais en aluguer ou por compra, demostrando que a compra-venda de diñeiro era o mellor negocio posible. E ségueo a ser.

Pero tamén a banca ten problemas, a pesar de seguir gañando moitísimo diñeiro. Porque o que está claro é que aínda que se manteña a súa especial situación, os ingresos non son os mesmos porque a clientela non segue a marcha que estaba acostumbrada a manter.

Se as obras están paradas, non se conceden cretos ás empresas, as hipotecas ralentízanse, a banca tamén sofre unha crise diferente dos outros sectores afectados pero crise ó fin.

Calcúlase que sobran en toda España arredor de dez mil oficinas de bancos e caixas de aforro, e uns trinta e cinco mil empregados. E a superabundancia vaise solucionar pechando oficinas e alixeirando persoal a base de xubilacións anticipadas nun sector que aboga pola xubilación ós setenta anos.

A crise actual vai obrigar a remodelar o mercado de traballo, reestructurar a nosa persoal e familiar balanza de pagos, pero tamén a que as entidades bancarias e de aforro se planteen o futuro inmediato, reaxusten plantillas e reduzan gastos.

Se a eles lles toca pelar barbas, a todos os demais tócanos poñer a remollo barbas e proxectos, polo que poida vir. Porque o de pechar sucursais é un síntoma de parón económico. E aínda que nos parece que o problema non vai connosco, senón que é un problema bancario o certo é que o peor síntoma de cómo nos vai colectivamente.

Bancos e caixas de aforro teñen problemas. O certo é que os problemas son nosos, pero eles notan que xa non somos capaces de pagar o que pagábamos, de sostelos de xeito tan brillante como ata agora o fixemos.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES