7. A prohibición do Entroido.
          Desde o século XIV ata a década dos setenta do século pasado houbo ordes, decretos e bandos máis restrictivos ou menos segundo a conxuntura política existente. Aparentemente o temor a comportamentos agresivos e bruscos era o que estimulaba aos políticos para impedir a celebración deste festexo. 

 No obstante, a razón específica radicaba na crítica, que se realizaba das normas vixentes usando a sátira, a burla, a risa etc. As prohibicións desta festividade tiveron unha maior forza durante o franquismo ao unirse o poder civil e o  eclesiástico (1).
        Así o poder civil  por medio da Dirección Xeral de Seguridade sacou á luz o seguinte texto: "Próxima la  semana de quincuagésima y continuando en vigor la prohibición de toda manifestación  callejera de Carnaval,  aunque  tolerados en privado los bailes de sociedad  con trajes de  época que no constituyan disfraz, y  sin velar el rostro en ningún caso, o  momentánea  aparición en las calles de personas que  con uno de dichos atuendos autorizados en su  inevitable desplazamiento de ida y regreso, puedan servir de pretexto para presentarse en  público arbitrariamente disfrazados con ropas astrosas unos e incurriendo otros en la poco  original y recusable extravagancia de vestir prendas de su sexo contrario, la cara tiznada y dando muestras en chabacanas pandillas de  una ruidosa euforia a la que no suele ser ajena la ingestión alcohólica, que les ayuda a  vencer el pudor de su ridícula situación, para evitar estos excesos se recuerda la prohibición existente y se hace público que los agentes de la autoridad procederán a la detención de estos tozudos  de mal gusto, que seran severamente sancionados"
      Pola súa banda, a igrexa continuou condenando o festexo malia que diferentes comunidades seran partidarias de mantelo. De aí que mandase celebrar  como acto de desagravio, triduos, vigilias, adoracións  nocturnas (2).

 Con todo, un número considerable de comunidades  rurais seguiu celebrando o Entroido malia os  apercibimentos e as multas correspondentes. Isto foi o que aconteceu en Santiago de Arriba, onde por varias  veces tivo a parroquia que pagar varias multas durante o rexime franquista e máis concretamente entre as décadas  dos corenta e setenta.                                                    
Tivo moita sona no contorno o que sucedeu nun Entroido dos anos cincuenta do século pasado.
      "Houbo unha denuncia dun crego no cuartelillo da Garda Civil, o que deu lugar a  que o brigada, que tiña o alcume de "Tocamadera" acudise á parroquia con dous números do posto. Logo de  chegaren fixo un parte do acontecido, colleu o mellor cinto que había, e levouno para o  cuartelillo. Menos mal que grazas a uns bós amigos da parroquia, que tiñan influencia coas institucións, conseguiuse cambiar as campaíñas boas  por outras ruíns. De  tódolos  xeitos houbo que pagar unha multa de trescentas ptas. naqueles tempos aos que fixo  fronte a  parroquia " (3). Co paso dos anos houbo que pagar outras de menor cuantía para  recuperar os traxes, os panos e ata  "o pucho". Todo isto foi rematando coa chegada dun novo  tempo de máis permisividad e e tolerancia, ata chegar aos tempos actuáis nos que está vixente un Estado de Dereito. 
NOTAS:
1.VÁZQUEZ RODRÍGUEZ, Xosé Manuel. "O entroido nas ribeiras de Chantada. A persistencia da festa", en Boletín do Museo Provincial de Lugo. T. VII. Vol. 2, 1995, páx. 252.  
2. COCHO, Federico.: O Carnaval en Galicia, Vigo: Ed. Xerais, 1992, páx. 321.
3. Informante: Pepe do Pataco. Santiago de Arriba .Conversas con J.M.Blanco Prado.