Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada, Lugo) (11)

Blanco Prado, José Manuel - martes, 25 de marzo de 2025
7. O "Rol" da muller e dos cativos no Entroido
Case sempre o papel da muller nos medios rurais foi dunha gran relevancia de cara ao mantemento da "Casa familiar". A muller leva a cabo unha dobre tarefa. Por unha banda ocupase das tarefas domésticas ligadas coa limpeza, coa cociña e cos nenos no suposto que os haxa. Tamén se adica a axudar ao seu cónxuxe nas tarefas agropecuarias. Pois ben, este labor constante e permanente da muller no seo da unidade familiar proxéctase tamén de cara a algúns eventos festivos como é o caso do Entroido.
Neste festexo a súa tarefa era ardua e menos visible que a do home sobre quen xiraba o eixo da festa. A muller permanecía nun segundo plano, encuberta como espectadora máis que como actora, como elemento pasivo e non activo. E o intre no que cómpre difundir o importante "rol", que amosa a muller neste evento festivo, no que ata hai ben pouco non podía participar co home dun xeito visible de cara ao público -agás nalgúns oficios-.
Polo que respecta ao Entroido de Santiago de Arriba, a muller desde sempre é a que lava os traxes; compra o papel de pinocho; cortao e, logo, realiza as flores do pucho(1), tamén as cintas ou colonias de diferentes cromatismo. Se as flores e cintas se humedecen ten que facelas de novo; ás veces nun curto tempo o que a obriga a empregar moitas horas de traballo. No intre actual, como xa vimos anteriormente, a única persoa que sabe realizar as flores do pucho, segundo a tradición parroquial, e Marisé Rei. Outras mulleres, como Carmen Rei, Vanesa, Alba Quintela, axudana a cortar o papel: realizar as colonias; atar as cintas; e mesmo colocar as flores no pucho, aínda que nesta última tarefa axudana tamén os homes, na súa maioría pertencentes a "Asociación do Entroido de Santiago de Arriba".
O Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada, Lugo) (11)Nos días propios do Entroido, as mulleres da asociación encarganse tamén da tarefa gastronómica, consistente en realizar varios encargos, cociñar algúns platos, poñer a mesa... Logo, a tardiña pasan bandexas de empanada, carne e doce entre o público asistente ao festexo, que adoita acompañar co viño tinto da ribeira, que ten a súa disposición ao carón da "Cantiña do Moredo", moi ben atendida por Jordi González. No obstante, dende mediados da primeira década deste século os homes da Asociación do Entroido de Santiago de Arriba comezaron a axudar a muller nos labores gastronómicos: facendo o churrasco, poñendo a mesa, indo a algúns encargos ligados coa gastronomía...
Ademaís, e isto é moi relevante, a muller, co paso do tempo, acadou participar neste evento festivo como unha máscara máis, e así no intre actual podemos ver como as mulleres xa non so axudan nos oficios, senón que se visten de volantes e maragatos en calquer día do Entroido. Mesmo, no martes de Entroido houbo anos nos que a participación da muller como volante foi maioritaria. "Así no ano 2019, dos oitos volantes que sairon no martes de Entroido, sete eran mulleres" (2). Sen logar a dúbidas unha conquista da muller merecida.
Antano, non había participación infantil no Entroido. Dicíase que era algo exclusivo dos homes. No obstante, dende que comezou a funcionar a "Asociación do Entroido de Santiago de Arriba" a mediados da primeira década deste século unha das cousas prioritarias, que levou a cabo, foi que o neno coñecese o Entroido e que participase nel. "O futuro do Entroido son os nenos, entón, deixamolos que se vistan de volantes e de maragatos todos os días, mais no martes damoslles a opción para que poidan participar nos oficios, integrándose pouco a pouco cos adultos" (3). "Os nenos son o futuro. Imolos integrando pouco a pouco nos oficios cos maiores. Hai nenos, que se visten non so de volantes, senón tamen de maragatos, e fano cos adultos" (4). Efectivamente, como autor deste traballo (5), puiden constatar dende o principio como os pequenos cunha curta idade -algúns con tres aniños- comezaron a participar como volantes, e maragatos axudados polos adultos. Ademaís, o martes de Entroido foron aprendendo o labor de "meco" intervindo nalgúns oficios cos adultos. Mesmo, neste día houbo oficios nos que a participación infantil foi maioritaria. Polo tanto, este Entroido non depende dos adultos como noutrora, senón dos pequenos, de aí que sexa un Entroido rexuvenecedor.
O Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba (Chantada, Lugo) (11)
8. As diferencias do Entroido de Santiago de Arriba co doutras comunidades da Ribeira de Chantada
Con respecto ao Entroido de Nogueira do Miño as diferencias eran moi marcadas en canto aos puchos, as campaíñas e, tamén, na relevante presencia de cativos no festexo.
1ª. Os puchos de Nogueira tiñan un formato diferente aos de Santiago, xa que estes son
máis abertos e os de Nogueira tendían á convexidade.
2º. As flores de Nogueira eran distintas cualitativamente con respecto ás de Santiago. Tanto en Nogueira como San Pedro e Vilaúxe as flores facíannas con papel corrido; non cortaban o papel.
Conforme ven o papel, abreno, rizano por un lado e vano enroscando, formando a flor. De aí que na feitura das flores desas tres comunidades haxa certas similitudes, algo que non acontece con Santiago de Arriba. Nesta parroquia realizan as flores con papel cortado. O seu número varia entre 110-120 flores, segundo como rize o papel. Se éste riza ben faise unha flor dunha medida, mais se riza mal tés que poñerlle máis pétalos para acadar unha flor fermosa.
3º. En relación aos bonecas do pucho, os de Santiago de Arriba amosan dúas: Unha na parte anterior e a outra na parte posterior. Pola contra, os de Nogueira había anos que lle colocaban bonecas e outros non.
4º. Con respecto aos plumachos, os de Santiago de Arriba poñenlle nos puchos cinco plumachos. Dous na parte anterior, outros dous na parte posterior, e un no centro. Antano estes plumachos procedían do altar da Virxe do Perpetuo Socorro. Os de Nogueira ás veces llos poñían e outras no. Cando os levaban eran de papel.
5º. Os de Santiago colocan as campaíñas boas no "cinto grande". Pola contra, os de Nogueira repartían as campaíñas entre todos os cintos.
6º. En Nogueira interviñan nos oficios unha proporción maior de xente moi adulta, algo que non sucede en Arriba, onde grazas a Asociación do Entroido Ribeirao segue habendo cativos, mozos e adultos de diferentes idades.
7º. En Santiago interveñen no festexo do Entroido un número importante de cativos debido a que todo o ano fanse "talleres do Entroido", adicados a eles e dirixidos por Marisé Rei (6).
8º. Con respecto a Vilaúxe (Chantada) - comunidade que deixou de conmemorar o Entroido a comezos deste novo século -había diferencias ostensibles non só en canto ao pucho e as campaiñas- son máis armónicas en Santigo- senón tamén con respecto ao remate do Entroido.
Así, mentres que en Santiago poñíase fin a festa co "choro do pucho, como queda xa reflectido, en Vilaúxe remataba o festexo co "Enterro do Entroido". Éste era simbolizado por un meco, que se introducía nun cadaleito e tiña que escoltar durante algún tempo prantos, lamentos e lectura duns salmos ininteligibles por parte dos outros mecos, que o que o estaban despedindo.
A representación do Entroido por medio dun home foi algo usual en toda Euroa ata o século XIX, no que foi sustituída por bonecos, para evitar posibles danos físicos a antiga representación (7).

NOTAS:
1. No intre actual a única persoa que sabe realizar as flores do pucho en Santiago de Arriba é Marisé Rei, dona de Xoán Carlos González.
2. Traballo de campo do autor.
3. Informante: Marisé Rei, de Santiago de Arriba.
4. Informantes: Ignacio e Morito, membros da "Asociación do Entroido de Santiago de Arriba.
5. O autor, D. Xosé Manuel Blanco Prado, estivo neste Entroido como investigador e como amigo, dende o ano 2005, ata o ano 2024, pensando seguir asistindo se a saúde me acompaña. Puiden comprobar o alto grado de participación infantil neste festexo.
6. Tanto Marisé Rei como o seu conxuxe Juán Carlos González, presidiron a Asociación do Entroido Ribeirao.
7. GONZÁLEZ REBOREDO, X.M., e MARIÑO FERRO, X.R.: Antroido en Galicia. A Coruña: Deputación Provincial, 1987, páx. 68.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES