Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Señor, esta Semana Santa vou contigo, así sexa ao Monte Calvario! (4)

Gómez Vilabella, Xosé M. - viernes, 28 de marzo de 2025
"Xesús contestoulles:
Aínda que por un pouco, estará a luz
entre vosoutros.
Camiñade mentres téde-la luz,
para que a tebra non vos atrape,
pois,
quen camiña na tebra
non sabe para onde vai".

Os contemporáneos de Xesús decatáronse do senso da expresión "ser ergueito". O que non comprendían era como podía ser crucificado aquel Mesías que Deus mandara precisamente para salva-lo pobo. Á diferencia dos xudeus, que pensaban nun Mesías político, Xesús exprésase nun mesianismo inspirado no Servo de Iavé.

¿Camiñar na tebra?
¡Pero iso é o que vin facendo,
o que seguimos facendo
media Humanidade!
¡Ai, Deus, que falta temos de sacerdotes,
bos e xenerosos,
que se expresen con claridade,
para que coñeza a Paixón de Cristo
media
Humanidade!
¿Que culpa teño eu
de ser vello e casado
para que así non me poda
ordenar?
¡Afellas que se fose mozo,
aínda que casado,
de permitilo a Igrexa...,
iría correndo para Herbón,
Teoloxía estudiar!
¿Que cerraron o convento,
e que só se dedican ao pemento?
¡Claro: queríanos solteiros!
Pois,
solteiro ou casado,
laico ou clérigo,
o que aínda podo facer,
Señor,
é rezar para que se amplíen
as vocacións,
¡tanto falta que temos
das súas explicacións!
-.-


“Mentres teñades a luz, crede na luz,
para que vos volvades fillos da luz!”

Para ser fillo da luz hai que crer na luz e camiñar na luz. O senso desta expresións vén ser vivir a nosa existencia no ámbito de Xesús, que é a verdadeira luz.

Eu, que me criei coa luz dos tizóns,
con algunha vela
de cando en vez,
e de luxo
a de carburo,
teño a especial obriga
de distinguir entre luces:
Á da terra chamámoslle lúa,
que é un simple reflexo do sol;
¿como terei que chamarlle
á luz divina,
esa que nos vén
dos Evanxeos?
¡Xa o dixen:
Divina!

Os meus ollos,
Señor,
cegos polas malicias do noso común inimigo,
Satán,
quérenme levar ao precipicio,
nunha caída sen retorno,
pero,
se non me solto da man de Xesús,
non terei esa desgraza!

¡Xesús, Fillo de María,
e con vosoutros,
Xosé,
tede dó de min,
pois,
aínda que pecador,
arrepentido estou, listo para participar na Paixón
do Señor!
-.-

Mesmo facendo Xesús tantos signos
diante deles
non creron nel,
de xeito que se cumprise
a palabra que dixo o
profeta Isaías:
Señor,
¿quen creu na nosa predicación?
¿E a quen se manifestou
o brazo do Señor?

Eu, servidor,
por veces si, e outras non,
que me parecía imposible
tanta bondade cos pecadores,
tendo en conta o esixente que fun,
sempre,
con aqueles
que de min desconfiaron,
con aqueles que da miña honra
dubidaron!
¿Como pode ser tan benévolo
o Señor dos Señores?
¡Por iso teño chegado
a dubidar
que Deus non podía ser Deus
xa que nin os homes
perdoamos
un infinitésimo do seu perdoar!
-.-

“Sen embargo,
moitos,
tamén de entre as autoridades,
creran nel,
mais por causa dos fariseos
non o confesaban
para que non os apartasen da sinagoga,
pois preferiron a gloria dos homes
antes cá de Deus”.

... antes cá gloria de Deus?
¡Ai que isto tamén vai por min,
tanto que me entretiven nos antollos mundanos,
malos e perversos!

Señor,
borra as miñas pegadas,
para que non quede sinal delas
no meu camiñar,
no presente!

Eu non podo facelo,
pero Ti.,
Señor,
agora que vas camiño
da Cruz;
agora que é a miña ocasión
de cambiar de partido,
concédemo,
Señor
-.-

“Xesús, alzando a voz:
(para que non quedase ninguén sen oílo,
alto e claro).
Quen cre en min,
realmente non cre en nin,
senón naquel que me mandou.
Eu son luz que veu ao mundo,
para que todo o que cre en min
non permaneza nas tebras”.

¡Ai, Deus, que felicidade,
que ledicia, facerte visible,
deixarte ver,
e nós,
aquí abaixo, nas tebras,
agardando polo Mesías!

¡Albízaras, que xa chegou,
e veu a tempo de
coñecelo
nós,
que para iso nos deixou a súa verba
nos Evanxeos!
-.-

“Eu son a luz
que veu ao mundo,
para que todo o que cree
en min
non permaneza nas tebras”.

Si que creo en Ti,
Señor;
se cadra menos do que debera,
pois
xa sabes que a cabeza
dos humanos
é
algo inestable,
pero vou coller a miña
coas dúas mans
para que non se desvíe
das túas olladas,
Señor,
que así, sen perderte de vista,
mando as tebras
ao inferno
e quédome contigo,
definitivo!
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES