Sentirémonos mellor
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 27 de marzo de 2025
¿Quen non aspira a sentirse ben?
Todos temos esa aspiración.
Todos estamos chamados a trascender.
Todos queremos trascender, incluso despois desta vida.
Desexamos ser plenamente felices.
Aquí e agora: queremos sentirnos ben, moi ben.
Tanto é así que pasamos a vida intentándoo.
Intentámolo; pero aínda nos quedamos cortos.
Hai momentos duros a superar, eso sabémolo todos...
Pero non quere dicir que teñamos que tirar a toalla.
Necesitamos: moderación, paz, serenidade, felicidade...
¿CÓMO CONSEGUILA?
Aínda que pareza complico ou imposible, non é para tanto.
Teremos que facer o que corresponde en cada etapa da vida.
Eso dará bos resultados.
Non fan falta actos espectaculares nin actos heroicos.
A vida presenta bastantes dificutades, non fai falta complicala máis.
Basta con facer o que corresponde en cada momento; que xa non é pouco.
¿QUÉ PODEMOS FACER?
Para proxectar un futuro prometedor temos que conseguir que a infancia medre con calidade de vida.
Se a infancia vai ben, o futuro é esperanzador para todos.
De feito a maioría dos proxenitores entregan a vida con ese obxectivo.
PARA QUE A INFANCIA VAIA BEN:
-Temos que tratala con moito cariño.
Cariño non significa darlle todo o que quere, senón darlle o que favorece mellor o seu crecemento interior como persoa.
Eso esixe disciplina, orde e control.
-Dedicarlle moito tempo.
Dedicarlle moito tempo na época que vivimos esixe maxia.
Maxia para administrar o tempo porque é escaso.
Levamos un ritmo de vida moi apretado e axitado.
Quizais demasiado, ¿ou non?
NESTE SENTIDO A INFANCIA TEN POUCA SORTE
Hoxe en día, afanámonos tanto por conseguir todo aquelo que nos venden como: VIDA DIGNA E BENESTAR...
Pero non é ouro todo o que reloce.
Cómpre ir moi atentos pola vida...
Hai moitas cousas secundarias.
É necesario aforrar tempo e enerxías para o importante.
A EDUCACIÓN DA INFANCIA É IMPORTANTÍSIMA.
A infancia é o piar sobre o que se constrúe o futuro.
É moi importante dedicarlle tempo de calidade.
-Darlle bos consellos.
Un consello hoxe, outro mañá, outro pasado mañá...
Tantos consellos e tanto tempo como faga falta.
Non podemos quitar o pé do acelerador ata acadar o obxectivo proposto.
Se falla a constancia, os froitos retrásanse ou malógranse.
Debemos comprender:
-Que a infancia non ten experiencia da vida.
-Que o seu cerebro está en proceso de maduración.
-Que necesita que se insista con tesón.
-Que a súa personalidade necesita tempo para madurar.
-Que necesitamos darlle bos exemplos.
Se ademáis das palabras, predicamos cos bos exemplos, a probabilidade de éxito e moita.
Non digo que sexa absoluta.
Hoxe en día hai moita presión social sobre todos, e sobre a infancia, moitísima.
Desafortunadamente moitas persoas non teñen suficiente consideración coa infancia.
Esas persoas ignoran o mal que fan.
É probable que non recibiran a atención axeitada ou...
¿Qué sabe?
Con mala intención, paréceme que non o fan.
¿Debería haber cursos de reciclaxe para proxenitores, igual que os hai para os educadores?
"¿CURSOS DE RECICLAXE?"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora