Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O susto no cemiterio

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - lunes, 24 de marzo de 2025
Ramón, era un home que tiña varias terras no barrio da Pontevella en Fazouro e un día, por motivos de traballo tivo que madrugar para ir facer unhas tarefas nunha daquelas terras.

Levantouse moi cedo e saíu cara a Pontevella sobre das seis da mañá, perfectamente iluminada pola lúa chea dun cálido mes de setembro.

Ramón colleu por un camiño que atallaba, pero que pasaba por entre o cemiterio e a igrexa parroquial.

Ao chegar ao cemiterio, Ramón puido escoitar como se fose o son dunhas campaíñas ao tempo dun estraño ruxe, ruxe.

Puxo os ouvidos ben agudos e si, eran unhas campaíñas e un ghau, ghau, ghau que se acompañaban un ao outro constantemente: tilín, tilín, tilín, ghau, ghau, ghau.

Certo foi, que Ramón asustouse moito, pero antes de recuar par atrás e abandonar a súa tarefa, achegouse á cancela de ferro que facía de peche ao Campo Santo, e baixo a clara luz da lúa intentar ver, que sería ou que pasaba no interior?.

E si, puido ver, pero cos ollos aterrorizados. Veu como dúas mans lle dicían: Ven, ven, ven, ao mesmo tempo que as campaíñas e o ghau, ghau, ghau seguían soando, ghau, ghau, ghau, tilín, tilín tilín.

Ramón, a punto de deixarse morrer ou botar a correr e pedíndolle a Deus que non o abandonara, xusto nese momento sentiu unha voz de muller con un claro acento xitano que berraba:

¿Ocelillo, xiquillo, jonde te has metíu?,

e unha voz de neno, responde desde o interior do cemiterio:

¡dentro del cementerio madre, dentro del cementerio!.

Ramón, xa botou contas de tal historia. Resulta que o día anterior celebrouse a romaxe de San Campio á cal ían vender obxectos os xitanos e outros mercaderes. Os xitanos durmiron no seu carro aquela noite, pero madrugaron para marchar, e mentres que recollían o campamento, e neno deulle o almorzo á mula, pero como no campo da festa estaba a herba esmagada de bailar na festa o día anterior, pois non tivo máis remedio que meterse no cemiterio para que a mula comera herba en bo estado, así que Ramón o que escoitaba eran as campaíñas que lles poñen ás mulas no pescozo para non perdelas. O ghau, ghau, ghau era o ruído dos dentes ao tronzar a herba a mula, e as mans que parecía que o chamaban, eran as orellas da mula ao mover a cabeza, un tanto esaxeradas na sombra pola luz da lúa.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES