Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tratar ós alcaldes

martes, 14 de julio de 2009
Como primeiras autoridades a escala local, os alcaldes xogan un imprescindible papel na vida dos nosos pobos. Son a cabeza visible das institucións máis perto das nosas xentes, polo que teñen unha función de atención dos seus veciños, xestores das súas peticións, responsables da súa seguridade e servizos. E, á vez, xestionadores diante doutras administracións de axudas para remediar carencias dos seus concellos.

Ter un goberno “amigo” en Santiago ou en Madrid, soluciona moitos trámites, garantindo que as peticións se escoiten máis ou menos axiña, máis ou menos atentamente.

A Madrid vaise cada vez menos porque están transferidas a maior parte das competencias transferibles, e case todo se decide en Santiago, na Xunta de Galicia.

Os anteriores anos -catro- foron difíciles para os alcaldes do Partido Popular, que tiñan nun goberno bipartito máis fría acollida que cos gobernos populares de anteriores etapas. Volve agora a ser bo momento para os do Partido Popular, e suponse que non tan bo para os do PSOE, sobre todo se temos en conta a manifestación que os vintetrés alcaldes ouresáns deste partido veñen facer diante da sede da delegación territorial da Xunta, entrando nas dependencias falar co Delegado para protestar por desigualdade de trato.

A verdade é que parece máis curarse en saúde que en decisións tomadas, porque a Xunta está practicamente neses cen primeiros días nos que se está tomando terra, calculando o que existe nas arcas, recapitulando e organizándose.

Pero é algo para facernos pensar. Porque primeiro ten que ser o servizo público que o ideario político. E tanto vale un alcalde do PSOE como un do PP á hora de pedir cousas xustas para o seu pobo. Esto vale para agora, para antes e para despois. Porque chegamos a estas alturas da nosa convivencia democrática, rematando a primeira década do século vinteún, todos os alcaldes son iguais por representar ós seus veciños, independentemente do partido ó que pertenzan, e das ideas que defendan.

Non é cousa de agora. Vale para sempre: Un alcalde é un alcalde, representante dun pobo. O demais, nin mencionalo, porque non pode importar.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES