Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fidelidade ao escritor Arnaldo Santos nos seus 90 anos de vida e proxectos na literatura angolana

García, Xosé Lois - martes, 25 de marzo de 2025
A Academia Angolana de Letras (AAL) conmemora os 90 anos de vida de Arnaldo Santos (Luanda, 14 de marzo de 1935), un dos máis prestixiosos poetas de Angola e recoñecido en África, con tradución e divulgación da súa obra, a nivel individual e en antoloxías en Portugal, Brasil, Arxelia, Italia, Suecia, Quenia, Unión Soviética, na antiga RDA, Inglaterra, Francia e España. Arredor de este excelente vulto das letras angolanas, un grato recoñecemento a toda unha vida que aportou tantas primicias e puntuais aportacións deu ao legado literario angolano. Toda unha vida de fidelidades aos diversos escenarios da loita contra o colonialismo portugués e pola liberación de Angola. Fidelidade ao escritor Arnaldo Santos nos seus 90 anos de vida e proxectos na literatura angolana Arnaldo Santos asumiu unha das particularidades máis emerxentes como foi a cultura e a escrita, na época da represión salazarista e na confrontación da guerrilla contra o fascismo ditatorial, que rematou no 25 de Abril. Nesta situación, Arnaldo Santos participou na creación do "Grupo Cultura", un centro de actuación e destaque que aflorou con éxito na sociedade angolana. Nesta dirección, Arnaldo Santos foi un eficiente activista cultural e, mesmo, membro fundador da "União de Escritores Angolanos".
Á convocatoria de homenaxe e aniversario realizada pola Academia Angolana de Letras concorreron o seu presidente, Paulo de Carvalho e numerosos académicos e membros de asociacións culturais e antigos camaradas daquela xeración de escritores que contribuíran enormemente á liberación e independencia de Angola. Citemos algúns como Luandino Vieira, Pepetela, António Cardoso, Mário Guerra, Roberto de Almeida (Jofre Rocha), Boaventura Cardoso e tantos outros que levantaron ese enorme bastión de heroicidade, reprimidos e encadeados en campos de concentración, onde moitos deles escribiran sorprendentes libros sobre a epopea angolana. Contemos nesta nónima a Agostinho Neto e António Jacinto.
Como tradutor da poesía de Arnaldo Santos, que fun no seu día, cando publiquei en 1992, "Poemas a la Madre África (Antología de la poesía angolana del siglo XX)". Os poemas que escollín e traducín de Arnaldo Santos, sorprendeume toda a súa obra por seus matices e compromisos de lealdade coa independencia do seu país. Mais houbo un poemario que me impresionou enormemente, titulado: "Uíge". Ademais de aportarme unha serie de categorías sociais, económicas, antropolóxicas e etnolóxicas, mesmo, confortoume o pracer de lectura numa dimensión liberadora, a nivel individual e colectivo, aportando esa enorme dose de concienciación para tomar actitudes que non teñan volta atrás. O poemario "Uíge", nome de provincia e cidade, no noroeste de Angola, a onde foi destinado Arnaldo Santos aos seus 18 anos, para exercer de funcionario público.
Por tanto, o noso poeta, coñeceu e afondou en todas as benquerenzas e problemas contidos nesta provincia e, particularmente, dos que tiñan as súas xentes. Arnaldo Santos contribuíu enormemente a esclarecer a situación dos contratados (traballadores explorados, case a un nivel escravista). O escenario que expón o poeta sobre eses traballadores non deixa de ser tétrico e doloroso: "Uma força que é pendor de gemidos / de levas passadas / que arrastraram pobres // Vinham ao longe / em conversas vagas / na tarde baixa ressumando dobres".
Nos poemas de "Uíge", Arnaldo Santos introdúcenos no mundo das sanzalas, eses barrios enormes angolanos, poucos tan famosos que os da provincia de Uíge, compostos por kimbos, reducidas construcións de pau palla e barro -o que os galegos chamamos pallabarro-, que o poeta esclarece: "As sanzalas / eran naturalmente de terra / da nudez de seu humo / e com o cheiro das florestas / a sua gente // As sanzalas / nasceram com ninhos / ninhos de fomes ratos e raivas / acarretados lentamente / das fazendas minas e cidades". En toda a literatura angolana están presentes as sanzalas e os kimbos: arquetipos arquitectónicos de humilde presenza e de enorme candor sentimental que nos conduce a sentir a transcendencia dese humanismo africano, tan redentoral en Angola. Os poemas de "Uíge" de Arnaldo Santos, indúcenos a observar tantas continxencias de habitáculos, configuración da primeira nación no herdo e na convivencia que fomentaron esa enorme explosión conxuntural, no todo que aglutinou a Angola actual. Sobre todo o xentío dos "que descessem das sanzalas / os homes da terra / com as suas fomes raivas e ratos // e a REVOLUÇÃO / naturalmente". Arnaldo Santos é uma das grandes iconas referenciais da cultura que non podemos deixar de escudriñalo na súa obra literaria e seu humanismo liberador.
García, Xosé Lois
García, Xosé Lois


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES