Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Validar emocións

Santalla, Iago - miércoles, 26 de marzo de 2025
Fálase moito de validar emocións e predícase pouco co exemplo ("yo, pecador, me confieso"). O certo é que nun intento de erguer á persoa temos a tendencia de minimizar o sucedido sen, previamente, deixar expresar e fluír todas as emocións que provoca o feito. Isto agudizámolo aínda máis cando se trata da infancia. Hai unha tendencia a non darlle importancia aos seus problemas e a minimizalos coa certeza (moitas veces falsa) de que se esquecerán e se centrarán noutra cousa.

Non obstante, as emocións están aí dende o nacemento ata o último suspiro e aprender a xestionalas é a única maneira de ter unha vida próxima á felicidade e a plenitude. Isto quere dicir que fai falta educar para a emoción. Non chega educar para a racionalidade porque o ser humano é unha unidade e non pode dividirse entre razón e emoción. Polo tanto, todo ten que ir parello cara a unha formación integral da persoa; o contrario sementa posibilidades de fracaso que medran con nós estendéndose pola realidade que nos é propia.

Validar emocións é crear seres humanos capaces de entender a complexidade da realidade e de facer nela o seu proxecto vital: un proxecto vital que nos debe levar a unha vida plena que deixe un legado feliz con impronta propia. Deixemos que a infancia medre libre en emoción para que mañá cree libremente un mundo novo.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES