Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santi de Paradela, amigo

Xiz, Xulio - viernes, 21 de marzo de 2025
Santiago Rodríguez, Santi, fillo do escritor Manuel Rodríguez López, coma el persoeiro de Paradela, era todo amor para Mary, a súa muller; Carlos, o fillo; Irene, a nai; Enrique, o irmán. Tiña como amigos fervorosos a todos os que fóramos amigos de seu pai, e moitos máis que el colleitou.

Era un xigante en memoria, intelixencia, vontade e traballo, e xa que Galicia non é quen de acoller a todos os fillos sobranceiros, foi en familia ao Reino Unido onde -Santi de Paradela, amigoespecialista en xenética- foi profesor, formador de doutorandos, e catedrático aos cincuenta e dous anos. E hai un ano deixounos físicamente cando todo na vida lle sorría. E a familia e os amigos quedamos orfos dun dos mellores homes que na vida puidemos coñecer.

A súa devoción polo pai levouno a un estudo meticuloso da vida e obra, á divulgación da obra do escritor paradelense, gardando del memoria e espallando de xeito incansable o seu papel na cultura e na vida de Galicia.

Segue vivindo entre nós porque a súa entrega exemplar como marido, pai, fillo, irmán, intelectual, profesor e amigo segue presente en cantas accións se poidan emprender, xa que en todas atoparemos a súa pegada, o seu traballo, a súa intelixencia consciente de galego devoto da terra dos seus devanceiros, pola que tanto traballou.

Unha obra póstuma de Santi, rescatada por Carlos, o seu fillo, prologada por Mero Iglesias Dobarrio e con epílogo de Xavier Rodríguez Barrio, axiña verá a luz, na honra do pai escritor e de Paradela, o pobo que ao pai fixo Fillo predilecto, e a Santi Fillo Adoptivo. Xerenoso sempre, deixou disposto que ese libro fose dedicado ao seu fillo e a min, para vencellarme aìnda máis coa familia, xa que fun amigo de seu pai; el herdoume como amigo e estreitou o lazo; e agora -con toda a familia- co seu fillo Carlos, digno herdeiro de tanta intelixencia e tanto amor.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES