Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Consellos de anciáns e Consellos de maiores

Rodríguez Patiño, Luis Ángel - martes, 18 de marzo de 2025
32 Xornada Saber Envellecer e 25 anos do primeiro Consello de Anciáns de Xestoso legalizado en España. 17 anos da Creación dos Consellos de Maiores de Momán e Labrada un 19 de Marzo, e no 2008 nace a UNED Senior Coruña deste Consello.

O Mércores día de San José, unción aos maiores de 55 anos. Na Capela de San Antón de Momán de Xermade, Consellos de anciáns e Consellos de maiores celebra a 32 Xornada 'Saber Envellecer' e 25 aniversario do consello de Anciáns de XESTOSO e 17 aniversario de lis Consellos maiores de Momán e Labrada.

A reinvindicación da ancianidade (termo máis humano e menos científico que o de "terceira idade"), faise cada vez máis patente nun mundo que non se dá conta do papel transcendental que cumpren as persoas maiores na boa marcha do sistema social. A discriminación dos maiores é un indesexable fenómeno que deber ser erradicado dunha sociedade aberta e solidaria como a que se constrúe día a día. Non ao Edadismo.

Desde 1993, vénse celebrando nas parroquias de Cambás unha xornada anual dedicada aos maiores, baixo o lema de "Saber envellecer", pretendendo que asumisen as limitacións que conleva a súa idade e soubesen apreciar as vantaxes que ofrece. Nos últimos anos, esta iniciativa servía ao mesmo tempo para reflexionar sobre a escasa utilización, por parte da sociedade, dunha bagaxe intelectual inmensa, e a experiencia dun colectivo que ten desexos de seguir participando activamente na sociedade por dereito propio e con funcións concretas. Desta maneira, no transcurso da edición de 2000, celebradas o 19 de marzo baixo o lema "Vellez: reto para o 2000", xestouse a idea de crear este órgano.
Consellos de anciáns e Consellos de maiores
Desta maneira o Consello de Anciáns de Xestoso, comezou a súa andaina integrado nun primeiro momento por vinte anciáns, converténdose no primeiro órgano destas características legalmente constituído en Galicia, e pioneiro en España. Así mesmo levou a cabo distintas xornadas "Saber Envellecer" e con distintos lemas. Este ano celébrase a xornada 32, co lema: TESTEMUÑAS DE RESILIENCIA.

Aprender a afrontar os desafíos. Os avós viviron momentos difíciles e superado desafíos ao longo das súas vidas. A súa sabedoría para enfrontar situacións adversas móstranos que, a pesar das dificultades, sempre hai unha maneira de seguir adiante e atopar solucións.

Aprender da súa resiliencia inspíranos a afrontar os nosos propios desafíos con valentía e determinación.

ACTOS LITÚRXICOS
Ás 12 horas, na Capela de San Antón de Momán de Xermade realizarase a unción a todos os maiores de 55 anos.
Unción para Saber Envellecer, e non esperar á extrema-unción, que supón tristeza e dor por unha morte próxima.
Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Rodríguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES