Humanidade e fraternidade
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 20 de marzo de 2025
Humanidade e fraternidade son dúas palabras que encerran moito peso.
Estou pensando no concepto de humanidade referido ó sentimento de compaixón e benevolencia cara ós demais.
A compaixón e a benevolencia son aplicables a tódolos niveis da convivencia humana, empezando sempre polos da casa e rematando polo mundo enteiro.
SE APLICAMOS A COMPAIXÓN NO FOGAR:
-Os proxenitores sétense apenados cando ven que os seus fillos estás tristes e fan o imposible por consolalos.
-Os fillos están tristes cando ven que os seus pais tamén están.
-Os proxenitores tratan con moita tenrura ó froito das súas entrañas.
-Os fillos fillos tamén se mostran moi cariñosos cos seus proxenitores porque entre eles corren sentimientos máis dóces que o mel.
Cando proxenitores e descendentes están alegres, irradian alegría por toda a casa.
De tal xeito que entre eles prodúcese unha corrente de identificación mutua, unha sinerxia maravillosa, que non debería faltar nunca no seo familiar.
SE APLICAMOS COMPAIXÓN NO VECINDARIO:
-Cando un veciño ten un problema, todo o vecindario está consternado e ofrécese para o que faga falta.
Cando un veciño recibe unha boa noticia, todo o vecindario o celebra.
Deste xeito a compaixón arroupa a todos e todos se senten apoiados.
SE APLICAMOS A COMPAIXÓN NO TRABALLO:
Estamos ó tanto dos problemas do día a día e compadecémonos mutuamente.
Sobrelevamos con paciencia os defectos dos nosos compañeiros e eles fan outro tanto con nós.
Fáisenos o traballo máis levadeiro e ademáis de ser un medio para sobrevivir, tamén serve para santificárnonos.
SE APLICAMOS ACOMPAIXÓN NA RÚA:
Relacionámonos amablemente.
Non nos irritamos co tráfico por moi saturado que estea.
Respectamos as normas de tráfico e practicamos as de urbanidade.
Gardamos pacientemente a cola na caixa do supermercado, na cola para asistir a un partido de fútbol, a un teatro, a un cine...
¿E QUE PASA COA BENEVOLENCIA?
Máis do mesmo.
Favorece a compaixón.
Favorece a comprensión.
Favorece o respecto.
Respectar ás persoas pola súa condición de seres humanos, fainos humanos a nós mesmos.
Ser diferentes non significa que uns sexan bos e outros malos, sencillamente, que cada un ten o seu punto de vista, a súa cultura, o seu carácter, o seu temperamento, a educación que recibiu, a sorte que tivo na vida...
SE PRACTICAMOS A HUMANIDADE, EVITAMOS PROBLEMAS
Evitamos problemas para con nós mesmos e cos outros.
Todo é reciprocidade.
Un fai o outro.
Xa sabemos que non sempre somos correspondidos e non sempre correspondemos cos outros; pero se o intentamos, algo conseguiremos.
E se conseguimos algo, imos favorecendo a convivencia.
Claro que esto ten o seu prezo.
¿CAL É O PREZO?
Todos temos unha forza interior que nos dá a entender como podemos facer para ser compasivos e benévolos e recibir os seus froitos, porque do que se dá, eso mesmo se recibe.
Os cristiáns dicimos que coas nosas propias forzas non podemos.
Sentírmonos como irmás significa gozar desa forza sobrenatural que procede do alto, a que chamamos Deus.
Os cristiáns recibímola nos Sacramentos a través do Espírito Santo.
PRECISAMOS A GRACIA DIVINA E AÍ NACE A FRATERNIDADE.
Tratarse como irmáns é o mellor que nos pode pasar: sentímonos unidos por unha mesma forza creadora de onde procedemos e a onde volveremos ó remate desta travesía que chamamos vida.
Con todo e con eso, os cristiáns tampoco somos perfectos, ninguén é perfecto; pero hai que intentalo e aproveitar tódalas oportunidades para mellorar un pouquiño cada día nese Mandamento Novo que nos deixou Xesús de Nazaret.
"Amádevos uns ós outros como eu vos amei"
Él amounos ata entregar a súa vida pola nosa salvación.
Nós non somos tan bos pero algo podemos facer.
MOITAS PERSOAS ENTREGAN A VIDA
Na familia, nas misións, en centros de beneficencia, salvando vidas, na escola, no hospital, no sacerdocio, en diferentes postos e situacións...
Son persoas que practican a humanidade a e fraternidade en carne propia.
Nós tamén temos moita bondade gardada nos nosos corazóns para comprender que debemos tratar a todos con humanidade e fraternidade.
E sentirémonos mellor.
"SENTIRÉMONOS MELLOR"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora