Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Molestar ós demais

lunes, 13 de julio de 2009
É principio xeralmente aceptado que o dereito dun mesmo remata precisamente onde empeza o do seu veciño; o dos demais. Polo tanto, unha persoa ou colectividade pode exercer a súa actividade ou liberdade ata o momento en que incida na liberdade de outra.

Son innumerables as accións ou omisións que un pode afrontar e que dalgún xeito poden afectar ós demais, que teñen o perfecto dereito de facernos saber se están ou non dacordo co noso comportamento.

Dun tempo a esta parte, en todo Galicia e moito máis aló, en determinados días, os rapaces e non rapaces saen “de copas” ou “de marcha”, en operación que dura toda a noite rematando cando o novo día está para nacer no mellor dos casos.

Hai xa nas cidades e vilas máis importantes lugares axeitados para esta actividade, de xeito que neles se concentran establecementos públicos para atención dos noctámbulos, dentro ou fóra das súas instalacións hosteleiras.

Dunha banda, os mesmos establecementos co seu natural ruído poden incidir no descanso nocturno dos habitantes da zona, e outra os mesmos practicantes deste xeito de disfrute tamén fan notar a súa presencia, precisamente en horas nas que o silencio parece o estado máis natural do ambiente nocturno.
O Instituto Galego de Estatística ven de facer un estudio sobre o ocio nocturno e as súas consecuencias, dando como resultados a terrorífica cifra de arredor de cincuenta mil fogares galegos afectados por este problema, agredidos polos ruídos nocturnos -“gallaroufas” no argot popular- dos rapaces que se divirten invadindo ambientes que non lles pertencen.

Os botellóns afectan a uns dezasete mil fogares e as zonas de marcha perto de treinta e dous mil. Pero a cifra dispárase ata un total de cento oitenta mil fogares se se teñen en conta todas as fontes de contaminación sonora que sofren os domicilios galegos.

Estamos mentalizados sobre a contaminación no ambiente, nos ríos, nos montes e o lixo nas zonas urbanas. Pero igual ou máis importante é a contaminación sonora que ataca directamente á saúde dos afectados, sufridores dos excesos dos que pretenden disfrutar da noite.

Nesto, as autoridades, especialmente as municipais, teñen todo que dicir, aplicando regulamentacións, vixiando excesos, controlando policialmente o desenvolvemento destas actividades nocturnas. Para que o dereito de uns ó disfrute non invada o dereito ó descanso que todos temos que ter no interior do noso fogar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania