Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Coa vista posta nas eleccións municipais de 2027

Calo, José Luis - lunes, 17 de marzo de 2025
UCIN Galicia xurdiu como un instrumento político fronte ás formas de proceder dos partidos tradicionais co fin esencial de traballar polos nosos pobos e o mundo rural. Integrado tanto por persoas con experiencia política como por outros que se estreaban, conseguiu chegar ás eleccións municipais de 2023, alcanzando cinco concelleiros. Actualmente, temos a vista posta nas próximas eleccións municipais de 2027, nas que nos propuxemos como obxectivo a concorrencia no maior número de municipios nas catro provincias e conseguir representación en cada unha delas, e non desdeñable conseguir representación nas Deputacións, aínda que para nós conseguir representación non é un fin en si mesmo, senón un medio para poder conseguir un altofalante para denunciar os problemas da nosa rexión. O noso partido é un partido de propostas e ideas e non de personalismos.
Somos un partido sen medios económicos por carecer totalmente de subvencións que financien os nosos gastos, situación que suplimos con moito traballo desinteresado, e de feito nos últimos anos fomentamos a visibilidade das nosas reivindicacións cunha intensa actividade de comunicación coa redacción de numerosas notas de prensa e coa organización ou apoio de accións reivindicativas, que se verán incrementadas máis aínda se cabe nos próximos meses. Somos a voz dos problemas en Galicia, pola independencia política fronte á situación á que nos levaron os partidos nacionais, e así esperamos seguir moitos anos máis.

José Luis Calo, Coordinador UCIN Galicia (Unión de Ciudadanos Independientes)
Calo, José Luis
Calo, José Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES