Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Grupo Academia Postal

viernes, 10 de julio de 2009
Sempre houbo xentes dispostas a aboaren o cultivo dos prexuízos lingüisticos, e, xa que logo, ideolóxicos. Recentemente o presidente da Confederación Galega de Pais de Colexios Concertados dicía que “las químicas y físicas, con tantas nomenclaturas internacionales no se pueden dar en gallego”. Este argumento non é novo. Un dos ex presidente dos gobernos da transición política española xa dixera o mesmo. Estas argalladas pedagóxicas botárona por terra tres alumnos do Instituto Santa Irene de Vigo que gañaron o concurso nacional de redacción científica, despois de recibiren as clases en lingua galega. A Maria Casares, a actriz galega que o foi todo na alta comedia francesa, os seus asesores recomendábanlle, sen éxito, que agochase o seu acento galego para poder triunfar na escena. Non lles fixo caso.

Tamén está moi estendido o discurso ideolóxico que desaconsella a utilización da lingua galega nas actividades mercantís. Os mesmos que se opoñen a que se publiciten os nosos produtos en lingua galega son, sen embargo, afervoados consumidores de produtos etiquetados en linguas estranxeiras por parecerlles de máis calidade… Estas teorías, pouco e pouco, van sendo desautorizadas, por certo, por outros empresarios relevantes da economía galega que participan en actos a prol da normalización lingüística.

Un Pais cohesionado é aquel no que tódolos sectores sociais e institucións actúan ó unísono na defensa dos seus valores identitarios. En Galicia só as institucións públicas son congruentes co espírito que emana do Estatuto de Autonomía e na defensa da lingua galega. No canto, os axentes privados maniféstanse unhas veces receosos e outras indiferentes, agás un sector deles que comeza a agromar e a definir un novo discurso empresarial en clave galeguista.

O Grupo Academia Postal é unha desas empresas que está a secundar as orientacións do Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia. A súa sensibilidade e coherencia maniféstanse coa incorporación da lingua galega á súa páxina web, na sinalética distribuida por tódolos centros que ten na xeografía galega, e na organización de actividades pensadas para o fomento do uso da lingua galega. Pero máis importante é o labor de edición de moitísimos manuais en lingua galega que serven de apoio fundamental para motivar unha nova mentalidade de servizo público, baseada nunha actitude positiva cara á lingua galega nos usos xurídicos e administrativos.

Galicia necesita centros que formen ó seu alumnado no amor pola lingua e a cultura galega como o fan os maxistrados Luciano Varela e Xosé Xoán Barreiro Prado, que conseguen que os seus alumnos, unha vez aprobadas as oposicións a xuíces, fagan da lingua galega o medio de comunicación normal nos xulgados. Don Francisco Novoa Rodriguez, que é o director do Grupo Academia Postal, dirixe un claustro de profesores que ten como obxectivos básicos mellorar a cualidade do ensino e animar ó alumnado na querencia pola nosa lingua, para acadar maiores niveis de presenza, oral e escrita, nas funcións administrativas; un proceso que conta coa asistencia continuada do servizo de normalización lingüística que ten o centro. O mesmo interese póñenllelo ás actividades da Escola de Negocios, ofrecendo estratexias de comunicación e mercadoctenia que lles dean ás empresas personalidade de seu nos mercados.

*Presidente do Foro E. Peinador.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania