Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Isabel e o vestido de noiva

Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán) - jueves, 13 de marzo de 2025
Esta historia data máis ou menos de 1890, século XIX.

Isabel era unha rapaza de Foz, felizmente namorada dun rapaz de Barreiros e con que ela tiña os seus doces soños. Era unha rapaza nova que gozaba da vida dentro das posibilidades que tiña como calquera rapaza da súa época.

Cando seus pais se decataron do seu noivado co rapaz de Barreiros, puxeron o berro no ceo, pois os pais de Isabel tiñan previsto casala cun home de Foz chamado Ladislao Veiga, persoa vinculada á famosa familia de don Eliseo Martínez e dona Pilar Otero, que dispoñían dun extenso capital. Pero os soños de Isabel ían por outro lado, Isabel quería amor e non unha tarxeta de crédito, como se diría hoxe en día.

A presión dos pais de Isabel en contra dela, era cada día maior, e non era que Isabel quixera ceder ante tal presión, pero tampouco sabía que facer e que camiño tomar.

Un día, Isabel lévase a máis desagradable e incrible das sorpresas, súa nai chega á casa cun traxe de noiva, xa preparado e listo para probarllo á súa filla.

Entre nai e filla xurdiu unha razoable rifa, pero a nai montada nas súas trece, obrigou polas malas a que Isabel probara o traxe.

Isabel ante tal rifa deixouse probar o traxe, e unha vez posto, exclamoulle a súa nai "permita Deus, que me chegues a enterrar con el antes de casar".

Pouco tempo tardou Isabel en sentirse mal, entroulle a tuberculose e en pouco tempo a pobre rapaza morreu.

Como ela ben dixo, foi enterrada con aquel indesexable traxe de noiva, e contan os máis vellos, que anos máis tarde, cando a desenterraron para cambiala para o cinceiro, o seu corpo estaba incorrupto.

Pouco tempo pasou en que súa nai, levada pola tristura tamén morreu.
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)
Basanta Martínez, Xesús (Xesús do Breogán)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES