Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ourensalia: O Breogán de Xosé Cid

viernes, 10 de julio de 2009
Ourensalia: O Breogn de Xos Cid Estes días falouse abondo da torre de Hércules e da ilusión colectiva que xerou -naquela cidade tan intimamente ligada á miña memoria máis difusa- a declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade.

Non é, polo tanto, a miña intención volver pisar sobre campo pisado e profetizar a tempo pasado o moito ou pouco que vai supoñer para a cidade herculina esta decisión da Unesco. Nin sequera pretendo desenvolver unha derivación teórica comparada sobre as posibilidades que algún elemento ou conxunto de elementos patrimoniais da provincia de Ourense puideran seren susceptibles de mereceren unha declaración semellante.

Coñezo de primeira man algunha iniciativa que tampouco lle resulta allea á opinión pública ourensá informada, como é a do conxunto eremítico-natural da Ribeira Sacra. Pero iso será fariña doutro costal e tempo haberá de sumarse á proposta se os amigos do Grupo Francisco de Moure consideran que lle pode tocar de novo a hora.

O único que quero é aproveitar a conxuntura para destacar unha evidencia que a miúdo pode pasar desapercibida, malia que milleiros de turistas a utilicen como referencia cando deciden rexistrar graficamente o seu paso polo vello faro romano.

Unha evidencia que moitos ourensáns coñecen, pero que non está de máis revitalizar agora que a foco centrou o seu resplandor nel mesmo, como é o feito de que, coa declaración da Torre como Patrimonio Universal, tamén un escultor ourensán pase a ser incorporado por méritos propios á universalidade artística da man dunha obra que hai preto de dúas décadas instalou, sen molestar, no conxunto monumental da Torre.

Permítame, querido lector, que aproveite a ocasión para felicitar, con tal motivo, a Xosé Cid por ese impoñente Breogán que saúda ó visitante cando se achega á Torre e que nos enche de orgullo a tódolos ourensáns que sabemos que a súa humildade persoal é inversamente proporcional á súa inmensidade artística.

Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES