Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Luces ó final dos túneles

viernes, 10 de julio de 2009
Ata non hai moito tempo, en Galicia só había túneles para o tren, necesarios para salvar as dificultades orográficas de unión desta fisterra coa meseta. Desde hai uns anos, tamén hai túneles nas estradas, xa que as obras públicas deixaron de estar totalmente condicionadas polos montes e os avances técnicos e os investimentos fixeron posible que houbese túneles para salvar os grandes obstáculos.

Todos estamos convencidos de que circulamos por un túnel, metafórico túnel da economía, na que os pesimistas só ven negrura sin o menor paliativo e os optimistas aprecian luz ó final, sen saber se é un espellismo.

Estes últimos tempos, en Galicia apreciáronse dous sinais que fan pensar que o túnel non é tan longo como se prevía. Dunha banda, os datos do paro. Doutra, as matriculacións de automóbiles.

Polo que ó paro se refire, en xuño -en comparación con maio- houbo 7.278 parados menos, o que supón unha baixada do 3,51%, mentras que a baixada en España foi do 1,53%.

En canto ás matriculacións, en Galicia no mes de xuño matriculáronse 4.997 coches novos, o que supón un 35% máis que o mes anterior.

O aumento na matriculación de vehículos achácase de xeito principal ás axudas ó cambio de coches, tanto dos fabricantes como da Administración Central e da Autonómica.

Sobre o dos postos de traballo non está tan clara a situación, xa que mentras os sindicatos opinan que o aumento é propio do verán, o PSOE e o Bng achácano ás políticas da Administración anterior, e o Partido Popular pide cautela antes de pronunciarse de xeito definitivo.

Todos queremos ver luz ó final do particular túnel. Pero os desexos non sempre coinciden coa realidade. Agardemos que aquí, si.

Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES